"Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural", o 29 en Mariñán

CulDereito DEPU

O vindeiro mércores 29 de maio, o Pazo de Mariñán abrirase para acoller a xornada profesional "Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural", organizada pola área de Cultura daDeputación da Coruña que se insire no programa de formación e debate "A Cultura é un dereito". A xornada forma parte do festival "Elas son artistas" que chega este ano a súa segunda edición.

"Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural", o 29 en Mariñán

O prazo de inscrición para participar na xornada "Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural" está aberto para quen desexe participar nunha xornada que se desenvolverá no Pazo de Mariñán desde as 10 horas artillado en  grupos de traballo con distintas dinámicas para avanzar nos resultados da anterior edición.

 

A xornada insírese dentro do programa de formación e difusión "A Cultura é un dereito" da área de Cultura da Deputación da Coruña na que participan fundamentalmente persoas que traballan no sector cultural.  Para se inscribir na xornada, de carácter gratuíto, é necesario enviar un correo electrónico a [email protected]

 

Con respecto á necesidade de avanzar en igualdade na cultura, dentro do programa "A Cultura é un dereito", a área de Cultura da Deputación da Coruña organizou xornadas con anterioridade como "Mulleres e Música" o pasado ano ou "Mulleres e innovación nas artes intermedia" no pasado mes de abril.  "Son tres xornadas que teñen como obxectivo contribuír a dar pasos adiante na igualdade no ámbito cultural, e, neste sentido, avaliouse a situación no sector musical, na xestión ou nas novas artes con interesantes programas de encontro entre profesionais e persoas que participan no día a día da cultura", sinala a vicepresidenta e responsábelda área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei. As persoas participantes na xornada do vindeiro 29 de maio poderán utilizar o autobús para se achegaren ao Pazo de Mariñán, con saída ás 9:30 do Pavillón de Deportes de Riazor. A xornada celébrase dentro do programa "Elas son artistas" que botou a andar o pasado ano como un dos gañadores do Premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña.

"Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural", o 29 en Mariñán