RAÚL SANTOS, CON "CORNUCOPIA", E MARÍA CURESES, CON "NI LUZ NI LLANTO", FIXÉRONSE COS GALARDÓNS

Xurxo Couto: "Hoxe é un día feliz para a literatura deste país porque dous novos nomes veñen sumarse á nómina dos Premios Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña"

Xurxo Couto, con Ramón Rozas e Susana Pedreira, na entrega dos Premios Torrente Ballester
Xurxo Couto, con Ramón Rozas e Susana Pedreira, na entrega dos Premios Torrente Ballester

"Este é un dos premios máis veteranos dos que convoca esta institución e un dos certames máis prestixiados do panorama literario galego", asegurou o deputado de Cultura no acto de entrega dos galardóns, celebrado esta mañá na sede da Deputación. Logo de anunciar as obras gañadoras, Couto puxo en valor o traballo profesional de todo o equipo que colabora para chegar ao fallo, desde as comisións lectoras que leron e valoraron as preto de 500 obras que se presentaron este ano ata as dez persoas que conformaron os xurados.

Xurxo Couto: "Hoxe é un día feliz para a literatura deste país porque dous novos nomes veñen sumarse á nómina dos Premios Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña"

O ribeirense Raúl Santos Ageitos, coa novela 'Cornucopia', e a madrileña María Cureses de la Vega, coa novela 'Ni luz nin llanto', son os gañadores da XXXIII edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña. O fallo do xurado fíxose público esta mañá nun acto presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, a quen acompañaron os comisarios do certame en lingua castelá, Susana Pedreira, e en lingua galega, Ramón Rozas.

"Hoxe é un día feliz para a literatura deste país e para a literatura en xeral, porque dous novos nomes veñen sumarse á nómina dos Premios Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña, un dos galardóns máis veteranos dos que convoca esta institución e un dos premios literarios máis prestixiados do panorama literario galego"" asegurou Couto.

Os dous comisarios fixeron fincapé en que Santos e Cureses están comenzando no mundo literario. "Congratulámonos de que vaian ver a súa primeria obra publicada grazas a este premio, porque unha das vocacións do Torrente Ballester é o de abrir camiños e situar novos nomes no panorama literario", afirmou Rozas. Pedreira tamén se referiu a esta circunstancia asegurando que "o Torrente Ballester descubriu a grandes escritores como Ignacio Martínez de Pisón, vencedor hai 30 anos e despois Premio Nacional de Narrativa, o mesmo que Manuel Rivas, gañador hai 25 anos; e quen sabe se María Cureses, seguirá o mesmo camiño".

'Cornucopia' foi proposta como gañadora por unanimidade por un xurado composto por Xesús Fraga, Montse Dopico, María Marco, Nazaret López e Ricardo Losada. Na acta do fallo, o xurado indicou que "é unha parodia moi ben construída, e cargada de ironía, sobre o papel do escritor e a literatura, que ademais se apoia sobre nunha estructura fragmentaria na liña da literatura posmoderna, pero sen perder nunca o fío nin o ritmo; cunha narrativa moi fluída e con vocación de establecer unha complicidade coa persoa lectora, pero sin por iso ser compracente".

'Ni luz ni llanto' foi proposta como gañadora por maioría por un xurado composto por Ignacio Martínez de Pisón, Dores Tembrás, Domingo Villar, Lucía Taboada e Clara Escajedo. O xurado salientou "a riqueza expresiva da novela e a técnica narrativa coa que achega o tema da violencia contra a muller en Ciudad Juarez, nunha obra que fala da inxustiza, o duelo e a vinganza".

Tras anunciar as obras gañadoras desta edición, tanto o deputado de Cultura como a comisaria e o comisario aproveitaron para poñer en valor o traballo profesional de todo o equipo que colabora para chegar ao fallo do certame, desde as comisións lectoras que leron e valoraron as preto de 500 obras que se presentaron este ano, ata as dez persoas que conformaron os xurados.

Xurxo Couto: "Hoxe é un día feliz para a literatura deste país porque dous novos nomes veñen sumarse á nómina dos Premios Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña"