Novas
Muíño, na xuntanza celebrada esta mañá no IES Rosalía Mera

María Muíño pon en valor a liña de traballo da Deputación para dotar os concellos de persoal especializado en igualdade de xénero

A deputada reuniuse está mañá coas dezaseis axentes de igualdade que xa están incorporadas aos municipios da provincia para poñer en marcha políticas de paridade de oportunidades entre mulleres e homes e iniciativas contra a violencia machista. "A vosa presenza no territorio é fundamental para camiñar cara unha rede de concellos en igualdade, que segue a ser un obxectivo que nos marcamos no medio prazo", asegurou.

Ler novas
Regueira, na presentación da campañá 'A provincia que sabe'

Xosé Regueira: "Con 'A provincia que sabe' queremos poñer enriba da mesa conceptos como o consumo responsable e o turismo consciente, e as potencialidades da economía circular"

O Fórum Gastronómic de Barcelona, que terá lugar entre os días 7 e 9 de novembro, será a primeira das citas onde a área de Turismo da Deputación da Coruña desenvolverá, ao longo do vindeiro mes, un ambicioso programa de demostracións culinarias e degustacións de produtos representativos dos xeodestinos turísticos da provincia. Seguiranlle o Salón de Turismo Gastronómico ‘Xantar’ de Ourense, entre o 9 e o 13, e a Feria do  Gourmet Galego ‘Etiqueta Negra’ de Pontevedra, o 13.

Ler novas
Ovenza, Muíño e Seixas, na xuntanza de hoxe

María Muíño adiantoulle ás entidades provinciais do sector da igualdade as liñas de traballo da Deputación para 2023

Na xuntaza que mantivo esta mañá na sede provincial, a deputada anticipoulle tamén aos representantes das asociacións que o seu departamento manterá para o 25N a mesma imaxe e lema, 'De fronte', que en edicións anteriores. "Volveremos programar", explicou, "actividades tanto presenciais como en liña, para contribuír así a poñerlle freo á violencia machista e xerar un amplo movemento social capaz de crear conciencia fronte ao feminicidio".

Ler novas
Regueira, na súa intervención hoxe no Congreso Nacional de Ecoturismo

Xosé Regueira avoga polas iniciativas “comprometidas co territorio” como base para a sustentabilidade e a loita contra os grandes retos climáticos

"A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é un emblema que nos gusta enarborar cando facemos promoción turística da provincia, tanto polo bo traballo que realizan como pola boa gobernanza e os proxectos que está a desenvolver”, afirmou o vicepresidente e titular de Turismo da Deputación da Coruña durante a súa intervención, hoxe, no Congreso Nacional de Ecoturismo, que se celebra no Pazo de Mariñán ata este xoves.
Ler novas
A titular de Igualdade da Deputación, María Muíño

María Muíño: "O II Circuíto de Cultura en Igualdade segue apostando por ferramentas que propicien un cambio de valores para o fomento dunha sociedade igualitaria inclusiva e diversa"

“Entre as medidas de actuación que se recolleron, logo dun proxecto participativo que durou meses, están a posta en marcha de actividades de promoción da igualdade de xénero e de respecto á diversidade, a creación dun catálogo de recursos e tamén o mantemento de apoio a proxectos culturais que inclúan a perspectiva de xénero”, explica Muíño.

Ler novas
Couto, con Lorenzo, Lobato e Lozano, na inauguración da mostra

Xurxo Couto: «'Lume' conéctanos cunha realidade que, desafortunadamente, nos é demasiado próxima neste país, a dos incendios forestais e as súas consecuencias»

Na inauguración, este martes, da exposición do Premio Ksado de fotografía 2022, convocado pola Deputación da Coruña, o responsable provincial de Cultura felicitou o gañador, o ourensán Brais Lorenzo: "O relato da serie que presentou apela ás nosas conciencias e móvenos á reflexión, ao máis puro estilo do fotoxornalismo de denuncia social".

Ler novas
Regueira, na presentación hoxe da campaña no  Galicia Fórum Gastronómico

Xosé Regueira: "Queremos que cando o público escoite 'A provincia que sabe' pense automaticamente na Coruña"

O vicepresidente provincial e titular de Turismo presentou hoxe, no  Galicia Fórum Gastronómico, a campaña do seu departamento para identificar gastronomía de calidade e sustentable. 'A provincia que sabe', segundo Regueira, parte dun lema xa coñecido no ámbito do promoción gastronómica "para aproveitar unha idea xa instalada no imaxinario colectivo –saber + sabor– e utilizala con intelixencia, porque queremos que cada vez que se fale de produto galego que sabe, de xeito instantáneo se identifique coa provincia da Coruña e coa excelencia, tanto dos nosos produtos como do bo facer dos cociñeiros e cociñeiras".
Ler novas
Regueira, durante a súa intervención na inauguración do Fórum

Xosé Regueira defende a gastronomía como “eixo fundamental para a promoción do territorio” no ‘Galicia Fórum Gastronómico’

O vicepresidente lembrou, durante o acto oficial de apertura do evento, que a Deputación presentará este martes unha marca gastronómica propia para recoñecer e identificar a calidade, sustentabilidade e vinculación co territorio de produtos agroalimentarios e establecementos de restauración da provincia. "Esta promoción é posible", afirmou, "grazas á profesionalidade e á competitividade dos profesionais do sector, desde os produtores e os distribuidores ata os cociñeiros e cociñeiras da provincia". 

Ler novas
Regueira, durante a presentación do Fórum 2022, o pasado mes de maio

Xosé Regueira: "No Galicia Fórum Gastronómico presentaremos unha marca turística e gastronómica propia para a provincia da Coruña"

"Durante os últimos anos estamos realizando un tipo de promoción turística baseada na gastronomía ligada ao territorio, que xunta tradición e innovación, que pon en valor a economía circular e amosa a profesionalidade dos cociñeiros e cociñeiras que traballan nesta liña", asegura o vicepresidente provincial. "E unha promoción que sabemos que funciona para atraer un tipo de turismo de calidade, visitantes que buscan produtos e experiencias que sexan xenuínas, que non van poder atopar noutro lugar, e que ademais sexan social e economicamente sustentables, nos que a produción de proximidade é fundamental para dar resposta a grandes retos como o cambio climático e a ecoloxía".
Ler novas
Xurxo Couto, durante a inauguración do congreso

Xurxo Couto: “Chegou o momento de poñer fin á ocultación do Reino de Galiza”

Na inauguración do Congreso sobre o Reino de Galiza, o deputado provincial de Cultura salientou a importancia do foro que se celebra do 19 ao 22 de setembro de 2022 no Museo do Pobo Galego Santiago de Compostela: "Permítenos exercer o dereito a saber de nós, a estudar e investigar, desde o rigor e o compromiso científico, a historia dun período absolutamente central para o noso país".

Ler novas
O vicepresidente e titular de Turismo da Deputación, Xosé Regueira

A Deputación celebrará no Festiletras o Día da provincia cun concerto de Baiuca e a pintada dun mural de Mutante Creativo na aldea do Couto

O vicepresidente e responsable de Turismo, Xosé Regueira, salientou a relevancia da cita, “que forma parte verdadeira do patrimonio inmaterial  non só do territorio da Costa da Morte, senón de toda Galiza”. “O público e os visitantes que se acheguen ao Couto poderán ademais coñecer os proxectos que estamos a desenvolver desde a área de Turismo no territorio da Costa da Morte e, nomeadamente, en Ponteceso, caso do Plan do Megalitismo”.

Ler novas
Regueira, en Cabo Ortegal cos representantes das institucións implicadas no proxecto

Xosé Regueira: “A candidatura de Cabo Ortegal a Xeoparque da Unesco xa está rendendo no territorio desde o punto de vista da sustentabilidade, da economía e do turismo”

O vicepresidente provincial e titular de Turismo mostrouse optimista sobre que a Unesco recoñeza Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial, logo da inspección que fixo á comarca, do 28 a 30 de agosto, un comité técnico avaliador designado pola organización internacional. Tamén lembrou que Deputación xa comprometeu para o territorio cariñés unha achega de 600.000 euros, aos que hai que sumar outro millón e medio con cargo ao Plan de Sustentabilidade Turística en Destino

Ler novas
María Muíño, na presentación, hoxe, dos Xogos Florais de Betanzos 2022

María Muíño salienta a figura "mítica" de Antolín Faraldo na inauguración dos Xogos Florais de Betanzos 2022

“Parafraseando a Murguía, atopámonos ante ‘o primeiro e o mellor’, un persoeiro dunha relevancia e influencia extraordinarias no noso presente, precursor na consideración da identidade e autonomía da Galiza fronte ao centralismo e que, porén, segue a ser moi descoñecido”, salientou a deputada provincial de Igualdade. “Estes Xogos Florais forman parte dunha serie de accións promovidas desde a área de Normalización Lingüística da Deputación ao redor de Faraldo, como o apoio ao libro 'Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do rexurdimento' ou a elaboración de pequenos audiovisuais que abordan e recuperan temáticas que o intelectual betanceiro tratou nos seus artigos xornalísticos". 

Ler novas
Xosé Regueira e Mónica Rodríguez, durante a firma do convenio

A Deputación e o Concello de Vimianzo asinan o convenio para a xestión do Castelo e dos Batáns do Mosquetín en 2022

A sinatura tivo lugar no pazo provincial entre o vicepresidente, Xosé Regueira, e a rexedora vimiancesa, Mónica Rodríguez. “A Deputación”, explicou Regueira, “leva realizado ao longo dos anos numerosas actuacións encamiñadas á protección, conservación, rehabilitación, musealización e posta en valor do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín, e con esta nova achega seguiremos avanzando para que converter eses dous referentes do noso patrimonio e as súas contornas naturais nun enclave turístico nacional”.

Ler novas
Bermejo e Penas, na presentación do festival

Xose Lois Penas: “Logo do éxito da edición pasada estamos encantados de volver colaborar con Espazos Sonoros”

O responsable provincial de Patrimonio confirmou a axuda que a Deputación volverá a comprometer co festival, que se presentou esta mañá e que se celebrará entre o 3 e o 25 de setembro. O festival porá en valor lugares de distintas comarcas da Coruña como o castelo de Naraío, o mosteiro de Caaveiro, Borneiro, o Dolmen de Dombate, as Terras rosalianas ou a lagoa de Sobrado.

Ler novas
Xosé Regueira, Blas García e Ángel García, durante a firma do convenio

Xosé Regueira asinou os convenios coa Mostra de Olería de Buño e coa feira Alfaoleiros, para as que a Deputación compromete este ano 110.000 euros

A mostra malpicá contará nos orzamentos provinciais deste exercicio cunha axuda de 80.000 euros, mentres que a feira de Oleiros recibirá unha achega de 30.000 euros. “Na Deputación colaboramos desde hai anos con eventos destas características, nos que se pode incluír a Mostra do encaixe de Camariñas, tamén na Costa da Morte, cuxo impacto social, cultural e económico fan que sexan singulares”, explicou o vicepresidente.

Ler novas