María Muíño: «O V Festival Rosalía celebrará todas as facetas da autora, mesmo como referente do feminismo»

Muíño, Rosón e Oural, logo da presentacion hoxe do festival
Muíño, Rosón e Oural, logo da presentacion hoxe do festival

Na presentación do festival, esta mañá no Pazo de Raxoi, a responsable provincial de Normalización Lingüística e de Igualdade salientou a calidade do programa, «pensado coma unha oferta activa, na que poder participar xa non só como público, senón tamén percorrendo a cidade para redescubrir a Compostela rosaliana».

María Muíño: «O V Festival Rosalía celebrará todas as facetas da autora, mesmo como referente do feminismo»

o Festival Rosalía, que se celebrará o 24 e 25 de febreiro en Compostela, volve na que será a súa quinta edición para ofrecer un amplo e diverso programa de actividades e co lema "O galego é o noso superpoder". Organizado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi da capital galega, nun acto no que participaron a responsable provincial de Igualdade e de Normalización Lingüística, María Muíño; a concelleira compostelá de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e unha das poetas participantes no festival, Marina Oural.

«O Festival volve con todo o seu esplendor despois do parón obrigado pola Covid», asegurou Muíño, quen fixo fincapé en que mesmo incrementa a programación e se esténdese a dúas xornadas cunha serie de actividades pensadas «coma unha oferta activa, na que poder participar xa non só como público, senón tamén percorrendo a cidade para redescubrir a Compostela rosaliana».

«Tratamos de festexar», dixo a deputada, «todas as facetas da figura de Rosalía, tanto como autora e poeta, centrándonos na cultura de noso e na lingua propia, máis tamén como referente feminista, e botando man das nosas creadoras actuais». «Neste sentido», engadiu, «o festival contempla unha programación ampla e moi diversa, para todo tipo de públicos, que inclúe concertos, un roteiro liteario, un faladorio, recitais, propostas escénicas e a feira de produtos rosalianos».

O programa conta con propostas escénicas de Larraitz Urruzola, Os Quinquilláns e Soledad Felloza; un paseo literario conducido por Mercedes Espiño; un recital no que participarán poetas como Andrea Nunes, Ánxela Lema, Lucía Aldao e Diana Kurich; espectáculos que combinan música e poesía, como o de Ugia Pedreia e Marina Oural e o recital musicado de Faia; un faladoiro de María Xesús Lama, Carme Adán e María Reimóndez, e os concertos de Adhara&Rhitman e O Val das Mouras. Podes consultalo, ao completo, na seguinte ligazón: bit.ly/3Kbzdyu

 

María Muíño: «O V Festival Rosalía celebrará todas as facetas da autora, mesmo como referente do feminismo»