Xosé Regueira: «En Turismo da Deputación estamos facendo historia poñendo a gastronomía da Coruña ao mesmo nivel que os grandes territorios culinarios do resto do Estado»
«A estratexia turística que estamos desenvolvendo baixo a campaña 'A provincia que sabe' debe estar presente en foros deste tipo, que funcionan como circuítos moi profesionalizados e onde estamos vendo que os nosos produtos culinarios son apreciados e demandados pola súa calidade contrastada», asegurou hoxe o vicepresidente da Deputación na xornada final de Madrid Fusión.
«A estratexia turística que estamos desenvolvendo baixo a campaña 'A provincia que sabe' debe estar presente en foros deste tipo, que funcionan como circuítos moi profesionalizados e onde estamos vendo que os nosos produtos culinarios son apreciados e demandados pola súa calidade contrastada», asegurou hoxe o Xosé Regueira na xornada final de Madrid Fusión.
O vicepresidente provincial foi rotundo á hora de valorar a participación do seu departamento no congreso madrileño: «Tanto o sector como Turismo da Deputación estamos facendo historia ao poñer a gastronomía da Coruña ao mesmo nivel que os grandes territorios gastronómicos do resto do Estado».
«Madrid Fusión», engadiu, «é o primeiro gran evento destas características no que participamos este ano, nun calendario de encontros profesionais fóra da Coruña que iremos desenvolvendo nos vindeiros meses; de feito, xa podemos adiantar que unhas das próximas citas terá lugar en Euskadi».
Regueira salientou os bos resultados, en canto a contactos comerciais, que están tendo os produtores e produtoras que participan en Madrid Fusión co apoio da Deputación da Coruña, como xa ocorreu na pasada edición do Fórum Gastronómic: «Eses contactos centránse, sobre todo, en ampliar as liñas de distribución a nivel estatal».