A PUBLICACIÓN, APOIADA POR TURISMO DA DEPUTACIÓN, PRESENTOUSE HOXE NA NAVE DO MERCADO DE MOECHE

Xosé Regueira: "A distribución da guía '20xvinte' achega ao territorio un recurso necesario, digno e útil tanto para visitantes como para a comunidade local"

Regueira, na presentación hoxe en Moeche da guía '20xvinte'
Regueira, na presentación hoxe en Moeche da guía '20xvinte'

Regueira puxo o foco en todo o traballo que o seu departamento provincial leva realizando ao longo dos últimos anos, de xeito continuo e desde diferentes ópticas, para sacar adiante o proxecto de Xeoparte de Cabo Ortegal da man dos 7 concellos e presentalo á candidatura da Unesco nas condicións máis vantaxosas posibles. "Eu agardo que teñamos boas novas ao respecto para a primavera", asegurou o vicepresidente referíndose á posible certificación de Cabo Ortegal como Xeoparque.

Xosé Regueira: "A distribución da guía '20xvinte' achega ao territorio un recurso necesario, digno e útil tanto para visitantes como para a comunidade local"

Xosé Regueira asistiu esta maná, na Nave do Mercado de Moeche, á presentación da nova guía '20xvinte Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal'. Trátase dunha iniciativa apoiada pola área de Turismo da Deputación da Coruña co obxecto de reforzar as actividades que se están a realizar na promoción de Cabo Ortegal á candidatura para que este territorio sexa declarado Xeoparque por parte da Unesco. No acto, ademais de hostaleiros, hostaleiras e embaixadores e embaixadoras participantes na guía, estiveron presentes a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, e a directora da publicación, Mónica Seoane.

Regueira puxo o foco en todo o traballo que o seu departamento provincial leva realizando ao longo dos últimos anos, de xeito continuo e desde diferentes ópticas, para sacar adiante o proxecto de Xeoparte de Cabo Ortegal da man dos 7 concellos e presentalo á candidatura da Unesco nas condicións máis vantaxosas posibles. "Eu gardo que teñamos boas novas ao respecto para a primavera", asegurou o vicepresidente referíndose á posible certificación de Cabo Ortegal como Xeoparque.

"A distribución da guía", afirmou Regueira, "achegará ao territorio un recurso necesario, digno e útil tanto para visitantes como para a comunidade local". Tamén puxo como exemplo o traballo realizado desde Moeche na promoción turística: "Poucos concellos tan pequenos foron capaces de situarse no mapa como referente turísico, e se isto é así é porque aquí se soubo traballar da man dos distintos sectores, valorando o territorio e aproveitando o potencial propio".

A guía '20xvinte Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal' conta cunha tirada de 10.000 exemplares, que serán distribuídos, desde hoxe, en 30 establecementos hosteleiros –entre hoteis, casas rurais e vivendas de uso turístico– dos sete concellos que conforman o proxecto de xeoparque: Moeche, Ortigueira, Cedeira, Cariño, San Sadurniño, Cerdido e Valdoviño.

Xosé Regueira: "A distribución da guía '20xvinte' achega ao territorio un recurso necesario, digno e útil tanto para visitantes como para a comunidade local"