A Deputación e o Concello de Culleredo asinan o convenio para levar a cabo o novo proxecto da mellora da estrada de Confurco a Orro
A institución provincial asume a ampliación da estrada, mellora do trazado e construción dunha senda peonil, cunha achega de máis de 1.600.000 euros, mentres que o Concello renovará a rede de saneamento.
Xosé Regueira asinou os convenios coa Mostra de Olería de Buño e coa feira Alfaoleiros, para as que a Deputación compromete este ano 110.000 euros
A mostra malpicá contará nos orzamentos provinciais deste exercicio cunha axuda de 80.000 euros, mentres que a feira de Oleiros recibirá unha achega de 30.000 euros. “Na Deputación colaboramos desde hai anos con eventos destas características, nos que se pode incluír a Mostra do encaixe de Camariñas, tamén na Costa da Morte, cuxo impacto social, cultural e económico fan que sexan singulares”, explicou o vicepresidente.
Regueira defende no Reina Sofía o traballo de Turismo da Deputación "para convertir en galerías de arte ao aire libre modelos urbanos a priori hostiles"
“Sacar a arte dos contedores culturais permite que a veciñanza conviva coa arte no seu día a día e que comece a apreciala tamén como un ben cultural accesible”, afirmou o vicepresidente provincial na súa intervención no acto de presentación, no Museo Reina Sofía de Madrid, da Placemaking Week Europe 2022, que se celebrará en Pontevedra do 27 ao 30 de setembro e no que a Deputación terá presenza cunha intervención de arte urbana e un obradoiro sobre a mellora do espazo público a través da cultura.
Xurxo Couto lembrou en Camelle “a importancia de manter viva a memoria”, no 125 aniversario do naufraxio do 'City of Agra'
"Estamos hoxe aquí”, dixo o responsable provincial de Cultura na súa intervención, “para facer memoria, porque conservar a memoria, verdadeiro patrimonio inmaterial, é importante para lembrar quen fomos e por iso somos". "Hoxe non só lembramos unha parte da nosa historia, senón que honramos a persoas que hai 125 anos arriscaron a vida por salvar a de doutros e mesmo os acolleron nas súas casas logo do traxedia”.
Xosé Lois Penas reivindica "a necesidade de sermos contundentes contra os delitos de odio" no Día da Diversidade
O deputado de Patrimonio apoiou "o recoñecemento aos colectivos que traballan a prol da igualdade, conformados por persoas con nomes e apelidos, con historias persoais moi duras na maioría das ocasións, mais persoas que abriron moitas portas". Penas desculpou a ausencia no acto institucional, celebrado na sede da Deputación, da responsable provincial de Igualdade, María Muíño, que non puido participar por motivos personais.
Xurxo Couto: "Estamos orgullosos de todos e cada un dos proxectos seleccionados polo Fondo Reino de Galiza"
“Esta nova liña de traballo", explicou o responsable provincial de Cultura, "está baseada en poñer en valor a historia que nos é propia". Couto cualificou o período medieval “como un dos períodos de máis esplendor e dos máis identitarios como pobo, polo que queremos contribuír a dalo a coñecer desde a nosa perspectiva, e superar a visión de como nolo contaron desde fóra”.
A área de Igualdade da Deputación da Coruña pon en marcha a quinta edición da campaña "Liberdade de ser e sentir"
María Muíño destacou a pluralidade de propostas, deseñadas en colaboración coas entidades e os concellos, que "ofrecerán ferramentas e materiais para utilizar durante todo o ano e sumar miradas inclusivas para avanzar nunha sociedade máis tolerante e igualitaria".
Xosé Regueira avoga pola inclusión da arte urbana nos circuítos museísticos e culturais
O vicepresidente provincial e responsable de Turismo fixo un percorrido, no marco da CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair, pola evolución dos “museos a ceo aberto resultantes de iniciativas como o Rexenera Fest de Carballo, nacidos ao abeiro da linguaxe e de prácticas artísticas contemporáneas que xeran identidade, que conforman a memoria colectiva da veciñanza e que crean un sentimento de identificación en torno a estas pezas”.
Xosé Regueira visitou o mural que Mou e Sokram pintan para a feira de turismo cultural de Málaga co apoio da Deputación Coruña
“Estamos deixando unha pegada en Málaga como exemplo de como a arte contemporánea está a crear símbolos que identifiquen e cohesionen a veciñanza nos barrios”, asegura Regueira. “A presenza da Deputación neste foro está baseada na promoción do concepto de identidade a través da arte pública e, neste sentido, tamén traemos unha parte da nosa identidade como pobo a esta cidade”.
María Muíño presentou ‘Integra o xénero’, o proxecto da Deputación para integrar a perspectiva de xénero de xeito real e efectivo nas políticas públicas
Cultura da Deputación destina case 550.000 euros á subvención de 24 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas
Xurxo Couto, defende que os festivais son "unhas ferramentas de primeiro nivel na difusión da cultura galega e tamén na achega de novos públicos para a nosa cultura”. Cineuropa, Curtocircuíto, Cinema Miúdo, O Festival de Artes Escénicas na Rúa do Concello de Betanzos, Festival Folk Sisalde de Arteixo, Carballo Interplay e Jazz Noia son algúns dos festivais que recibirán as axudas.
Xurxo Couto: "O Congreso sobre o Reino de Galiza será unha oportunidade única para coñecer a nosa historia medieval desde o rigor científico e académico"
"O congreso", explica Couto, "está enmarcado na liña de traballo da área de Cultura da Deputación que ten por obxecto socializar e divulgar a historia medieval galega, e que inclúe o Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza convocado a comezos deste ano".
A Deputación da Coruña promociona os festivais de arte urbana da provincia na feira de Turismo Cultural de Málaga
Andrés Sanjurjo, Vanesa M. Sotelo, Esther F. Carrodeguas e Soraya Lema Carballo, seleccionadas para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura
Para o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, "a diversidade de propostas que concorreron a esta primeira convocatoria das Residencias Artísticas Mariñán de Literatura confirma a pluralidade de temas e intereses que hai actualmente nas investigacións e na literatura de noso”. Paula Domínguez, Judith Ruso, Xerardo X. Pereiro Pérez e Abraham Pérez Fernández, foron as persoas seleccionadas para as Residencias Artísticas Mariñán na modalidade de Pensamento.
Cultura da Deputación da Coruña subvenciona con preto de 400.000 euros as entidades de cultura tradicional e a sectores profesionais e amadores da cultura galega
María Muíño: “Con congresos como ‘A memoria diversa’ seguimos loitando contra os discursos de odio e construíndo un futuro de liberdade”
Xosé Regueira defende unha fórmula similar ao Plan Único para garantir que os Fondos Next Generation cheguen eficazmente aos concellos
O vicepresidente, que participou esta mañá no Congreso Digital Tourist de Benidorm, centrou a súa intervención nos eixos claramente enfocados á transición enérxetica e dixital que se inclúen nos Plans de Sostibilidade Turística en Destino do Eume e de Ortegal, e nos dous da Costa da Morte que están actualmente en preparación.
Xosé Lois Penas: "As Torres de Altamira teñen que ser referencia na comarca, coa dimensión histórica e cultural que merecen"
"A batalla de Altamira", sinalou o deputado provincial de Patrimonio, "é un dos feitos máis importantes da historia da comarca e do país, por iso queremos que esta festa sexa vivida e sentida como propia por toda a veciñanza da zona e tamén polas persoas que queiran achegarse e participar nun encontro que quere recuperar a nosa memoria histórica”.
María Muíño: "O congreso 'A memoria diversa' afonda na perspectiva social, política e humana da diversidade a través de voces e movementos necesarios"
É unha das actividades de “Liberdade de ser e de sentir”, a campaña que o departamento que dirixe Muíño impulsa, co gallo do 28 de xuño, Día da diversidade sexual, para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.