Xosé Regueira asinou os convenios coa Mostra de Olería de Buño e coa feira Alfaoleiros, para as que a Deputación compromete este ano 110.000 euros

_MOR8873
Xosé Regueira, Eduardo Parga e Blas García, durante a firma do convenio

A mostra malpicá contará nos orzamentos provinciais deste exercicio cunha axuda de 80.000 euros, mentres que a feira de Oleiros recibirá unha achega de 30.000 euros. “Na Deputación colaboramos desde hai anos con eventos destas características, nos que se pode incluír a Mostra do encaixe de Camariñas, tamén na Costa da Morte, cuxo impacto social, cultural e económico fan que sexan singulares”, explicou o vicepresidente.

Xosé Regueira asinou os convenios coa Mostra de Olería de Buño e coa feira Alfaoleiros, para as que a Deputación compromete este ano 110.000 euros

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o deputado de Promoción económica, Blas García; e os alcaldes de Malpica, Eduardo Parga, e de Oleiros, Ángel García Seoane, asinaron hoxe na sede da institución os convenios para a promoción das dúas citas máis importantes da artesanía do barro da provincia, a Mostra de Olería de Buño e Alfaoleiros, para as que a Deputación compromete neste exercicio 110.000 euros. A mostra malpicá recibirá unha axuda de 80.000 euros (o 80 por cento do orzamento total), e a feira oleiresa, outra de 30.000 € (case o 47 por cento). 

Con estes acordos, a Deputación volve apostar por dous eventos de referencia que considera de gran interese para o territorio e que contribúen a fomentar un sector que ten potencial para se converter nunha actividade rendible de futuro, capaz de repercutir favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza, xa non só no ámbito local, senón tamén no provincial. Estes investimentos, ademais, supoñen un respaldo para as dúas comarcas non só económico, senón tamén tamén turístico, e axudan a manter a tradición centenaria da olaría.

“Para a Deputación, a Mostra de Buño e a propia olaría son dos  recursos máis relevantes da provincia”, salientou Regueira. “Desde hai anos colaboramos con eventos destas características, nos que se pode incluír a Mostra do encaixe de Camariñas, tamén na Costa da Morte, cuxo impacto social, cultural e económico fan que sexan singulares”. “Ademais desta importante achega”, engadiu, “temos que lembrar que hai moi pouco se acometeu, co apoio da Deputación, a mellora do Forno do Forte de Buño, así que agardamos que con estes 80.000 euros e coa modernización das instalacións do Forno a Mostra sexa este ano un éxito de público e, sobre todo, que sirva tamén para que os artesáns da comarca e, nomeadamente os da localidade de Buño, poidan pechar o presente exercicio cun saldo favorable”.

O vicepresidente falou tamén da importancia de Alfaroleiros, “unhas das citas máis relevantes para o turismo e para a artesanía da comarca da Coruña e do territorio da Reserva da Biosfera, que xunta cada ano a multitude de oleiros chegados de moitos os puntos do Estado”. “Como no caso da Mostra”, explicou, “esperamos que o apoio da Deputación sirva para afiuzar a feira, para consolidar as vendas no sector durante estes días de verán e tamén para ofrecer alternativas culturais ao turismo e á sociedade que reside no ámbito de Santa Cruz e de todo o municipio”.

As dúas feiras celébranse esta mesma semana. A XXVIII edición de Alfaroleiros, do 3 ao 7 de agosto; e a XXXVIII Mostra de Olería de Buño, do 4 ao 7.

Xosé Regueira asinou os convenios coa Mostra de Olería de Buño e coa feira Alfaoleiros, para as que a Deputación compromete este ano 110.000 euros