O VICEPRESIDENTE PARTICIPARÁ MAÑÁ NO PROGRAMA OFICIAL CUN RELATORIO SOBRE A ARTE CONTEMPORÁNEA AO AIRE LIBRE E A SÚA RELACIÓN COA PROMOCIÓN DIXITAL

Xosé Regueira visitou o mural que Mou e Sokram pintan para a feira de turismo cultural de Málaga co apoio da Deputación Coruña

Mou e Sokram, co mural que pintan no marco da feira de Turismo Cultural de Málaga
Mou e Sokram, co mural que pintan no marco da feira de Turismo Cultural de Málaga

“Estamos deixando unha pegada en Málaga como exemplo de como a arte contemporánea está a crear símbolos que identifiquen e cohesionen a veciñanza nos barrios”, asegura Regueira. “A presenza da Deputación neste foro está baseada na promoción do concepto de identidade a través da arte pública e, neste sentido, tamén traemos unha parte da nosa identidade como pobo a esta cidade”.

Xosé Regueira visitou o mural que Mou e Sokram pintan para a feira de turismo cultural de Málaga co apoio da Deputación Coruña

A cultura megalítica da Costa da Morte protagoniza o mural que os artistas urbanos Mou e Sokram, do estudo Mutante Creativo, están a realizar no exterior dun centro social na cidade de Málaga. Trátase dunha acción paralela que promove a área de Turismo da Deputación da Coruña, no programa da CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair.

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, que participará mañá no programa oficial cun relatorio sobre a arte contemporánea ao aire libre e a súa relación coa promoción dixital, visitou esta mañá o Centro Ciudadano Félix Ariza, o equipamento municipal no que ambos artistas están realizando o mural. “Estamos deixando unha pegada en Málaga como exemplo de como a arte contemporánea está a crear símbolos que identifiquen e cohesionen a veciñanza nos barrios” asegurou. “A presenza da Deputación neste foro”, engadiu, “está baseada na promoción do concepto de identidade a través da arte pública e, neste sentido, tamén traemos unha parte da nosa identidade como pobo a esta cidade”. Regueira tamén vincula a realización deste mural “cun concepto propio dos museos que é o de cesión de obra, e a Deputación desde xa tamén ten obra cedida nesta cidade, que forma parte dunha estratexia de promoción que aúna identidade, cultura e turismo”.

Na xornada de mañá pola mañá será a quenda do vicepresidente da Deputación, que intervirá no panel ‘El (nuevo) museo híbrido. Hacia la construcción de experiencias’. Regueira compartirá intervención con Rebecca Bailey, do Consello de Investigación de Artes e Humanidades de Escocia; Iñaqui Carnicero, director general de Agenda Urbana y Arquitectura, do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana; e José Luis de Vicente, comisario e investigador cultural de Sónar+ D de Barcelona. 

Xosé Regueira visitou o mural que Mou e Sokram pintan para a feira de turismo cultural de Málaga co apoio da Deputación Coruña