Novas
María Muíño, durante a presentación hoxe do informe da Liña do Galego 2021

María Muíño salienta a importancia da Liña do Galego "para canalizar e visibilizar as queixas ao respecto da vulneración dos nosos dereitos lingüísticos"

Na presentación, esta mañá, do informe anual da Liña do Galego correspondente ao 2021, Muíño cualificou ese proxecto como “necesario, singular e excepcional” e anunciou que o departamento de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña seguirao apoiando en 2022 ao estar xa aprobada en pleno a partida orzamentaria: 34.000 euros dun orzamento total de 42.500.

Ler novas
Xosé Regueira, nunha das feiras nas que Turismo da Deputación promove os seus recursos

Xosé Regueira promoverá proxectos provinciais de turismo industrial no Salón B-Travel de Barcelona

Na xornada de apertura, Regueira participará nun relatorio sobre o Museo de Estrella Galicia-MEGA. “É unha satisfacción poder expoñer un recurso de primeiro nivel como é este Museo, que axuda a diversificar a oferta turística da provincia e mesmo de Galiza cun produto que, ademais de divulgar os valores empresariais dunha marca, serve para realzar a calidade do territorio, a aposta pola economía circular e polos produtores locais”, salienta o vicepresidente.  

Ler novas
O responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto

Cultura da Deputación pon en marcha unha nova liña de axudas á creación coas residencias artísticas no Pazo de Mariñán

“Trátase”, en palabras do deputado de Cultura, Xurxo Couto, “dun formato único e moi novidoso para aproveitar un espazo singular como é Mariñán e poñelo ao servizo de procesos de creación artística”. "Esta nova iniciativa está concibida para dar cabida a toda a diversidade cultural do momento, polo que estamos a falar de convocatorias abertas e cunhas bases que permiten a concorrencia de todo o tecido creativo que temos no país a día de hoxe”.

Ler novas
Xosé Lois Penas, na inauguración da mostra

A retrospectiva sobre Xosé Vizoso abre a nova etapa de actividades expositivas no Forno do Forte

“Este vai ser un museo aberto, inclusivo, vivo e cheo de contidos, un museo para a veciñanza de Buño, de Malpica e da comarca”, asegurou o Deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, no acto de apertura da mostra. Esta é a primeira exposición retrospectiva sobre a traxectoria dunha figura fundamental no eido da cerámica, a ilustración, o deseño, e o cartelismo, e estreitamente ligada a Sargadelos. Poderá visitarse ata finais de xuño.

Ler novas
Detalle do cartel da restrospectiva sobre a obra de Xosé Vizoso

Xosé Lois Penas encabezará a inauguración da exposición sobre a traxectoria de Xosé Vizoso

"Desde inicio de mandato traballamos coa mirada posta en converter o Forno do Forte no Museo da Olaría e en transformalo no centro cultural que lle corresponde, situando Buño como lugar de referencia dunha das tradicións oleiras máis senlleiras do noso país", asegura o responsable provincial de Patrimonio e Contratación. Penas fai especial fincapé en que a elección de Xosé Vizoso para abrir a nova xeira de actividades do Forno do Forte "encaixa precisamente nesta filosofía de posta en valor da tradición e da riqueza que a olaría supón no noso acervo cultural"
Ler novas
Miro Casabella, Xurxo Couto e Xoán Piñon, na visita hoxe ao Teatro Colón

Xurxo Couto acompañou a Xoán Piñón e a Miro Casabella na visita que realizaron ao Teatro Colón para preparar o concerto que ofrecerá DOA en abril

“O ciclo 'Pioneirxs da música galega’ naceu co obxectivo de dar a coñecer a públicos actuais os traballos discográficos dun momento clave para a cultura galega”, lembrou o responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto. "Son iniciativas", engadiu, “que serven para homenaxear e poñer en valor o traballo de toda aquela xeración artística de finais da década de 1970”
Ler novas
María Muíño, durante a súa intervención na presentación do catálogo

A Deputación edita o catálogo da mostra que homenaxea os 100 anos da bandeira galega

Na presentación participou a deputada de Normalización Lingüística, María Muíño, quen puxo en valor "a calidade das e dos profesionais que se dedican á ilustración na cidade da Coruña, que dan mostra da boa saúde da que goza a ilustración a día de hoxe na nosa contorna", ao tempo que salientou "a importancia de coñecer todo o proceso que conlevou esta mostra, desde as primeiras investigacións sobre o izado da bandeira ata o resultado final da exposición que recolle este catálogo, que ademais deita luz sobre unha parte da nosa historia que resulta descoñecida para unha gran parte da sociedade".
Ler novas
Unha imaxe do acto institucional da Deputación polo 8M

María Muíño: “O 8M é unha data para a reflexión e que nos permite afirmar, á luz dos datos, que non hai igualdade”

“Para superar este marco non só hai que cumprir a lexislación que temos aprobada, que é necesaria, senón que tamén é necesario que se nos escoite, que non se usen as datas para cubrir expedientes e saír na foto, teñen que existir compromisos reais”, reivindicou a responsable provincial de Igualdade no acto institucional da Deputación polo 8M
Ler novas
Muíño, durante a súa intervención no congreso, hoxe en Ordes

María Muíño anima a alumnas e alumnos de ESO a celebrar os logros do feminismo na súa intervención no V Congreso Escolar polas Igualdades

A deputada provincial de Igualdade falou da necesidade de coñecer a importancia da loita feminista no desenvolvemento dunha sociedade cada vez máis xusta e máis igualitaria en dereitos reais. Neste contexto, salientou que tamén é necesario coñecer a situación real a día de hoxe e que, atendendo aos datos estatísticos, “aínda queda moito por facer” en cuestións relacionadas coa fenda salarial entre mulleres e homes, no desenvolvemeto das carreiras profesionais das mulleres ou en materia de conciliación laboral e familiar. 
Ler novas
Xosé Regueira durante a súa intervención na xornada

Xosé Regueira avoga polo intercambio de experiencias culturais entre Portugal e Galiza como recurso turístico

O vicepresidente da Deputación participou nun encontro sobre Cooperación Trasfronteiriza na localidade portuguesa de Alijó, que analizou a experiencia cultural en relación ao territorio e a capacidade para atraer turismo. Como exemplo na provincia da Coruña, citou a liña de axudas para eventos de arte urbana que, a través da área provincial de Turismo, apoia festivais de arte de rúa consolidados en distintos concellos, como son o Desordes Creativas de Ordes, o Rexenera Fest de Carballo, o Mural Fest de Cambre, ou as Meninas de Canido de Ferrol.
Ler novas
Regueira e Muíño, durante a súa visita ás obras do CIMM de Cabanas

Xosé Regueira: "O CIMM de Cabanas está chamado a ser un polo de atracción para o turismo vencellado ao mar no norte da provincia da Coruña"

"Que o espazo estea concibido cunha perspectiva polivalente, con capacidade para albergar exposicións e actividades, así como a súa localización nun lugar estratéxico, ao pé do Camiño Inglés e na entrada do concello, posiciónano como un lugar con enormes posibilidades", engadiu o vicepresidente durante a visita que fixo á instalación, na que estivo acompañado pola súa compañeira no goberno provincial, María Muíño.
Ler novas
María Muíño, na presentación, hoxe, da campaña

María Muíño presentou ‘Mobilizadxs xti’, a campaña coa que a Deputación apela á loita contra a desigualdade da muller na sociedade actual

“A nosa reivindicación con motivo do 8M pasa por visibilizar como estamos as mulleres a día de hoxe, con datos que expliquen a nosa realidade, e que nos permitan tomar cociencia do moito que queda por facer para chegar á igualdade real”, explicou a deputada provincial de Igualdade. "O obxectivo ideal a longo prazo", engadiu, “é acabar con estes datos tan negativos e que toda a sociedade se implique nesta loita”. 
Ler novas
O responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto

Cultura da Deputación apoia con 1,1 millóns de euros os festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas dos concellos e entidades

"Apoiar os festivais significa, para nós, apostar pola difusión e a creación cultural a través do que son verdadeiras plataformas de promoción das propostas existentes e tamén de creación de emprego e riqueza no sector", explica o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto. "Este apoio á actividade cultural é un dos obxectivos destas dúas liñas de subvencións que, xunto coa Rede Cultural, significa unha aposta pola contratación e a mellora da situación laboral e económica do sector profesional da cultura, tan afectado pola pandemia".

Ler novas
Xurxo Couto e Sergio Marey, na entrevista que mantiveron hoxe na sede provincial

Xurxo Couto: "LabCareixa nace coa idea de fomentar o diálogo entre creadores e creadoras novas do campo visual, escénico e plástico"

"Trátase dun proxecto no que participan cinco artistas de diferentes disciplinas para crear de xeito colectivo unha peza escénica, de carácter performático, baseada nun texto dramático de Luísa Villalta, e que nace coa idea de continuar na liña de apoio á creación artística que vén desenvolvendo da Deputación desde hai anos”, salientou o responsable de Cultura provincial
Ler novas
Xurxo Couto e Xavier Campos, na presentación do Fondo, o pasado xaneiro

O ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza’ abre o prazo de presentación de solicitudes

Para o responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto, “o Fondo evidencia a existencia previa dun gran interese en desenvolver iniciativas relacionadas coa nosa historia medieval e que, tal e como xa tiñamos detectado, precisan dunha canle de apoio para ver a luz”. Precisamente atendendo ao número e á tipoloxía de consultas recibidas, Couto dixo que o seu departamento “espera que esta primeira edición do Fondo arranque xa cunha diversidade de proxectos significativa e que contribúa a poñer en valor   a historia, as figuras, os lugares e os momentos do Reino medieval de Galiza”.
Ler novas
Regueira e Penas, cos representantes de Culturar, hoxe en Muros

Xosé Regueira e Xosé Lois Penas reúnense con representantes da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para coñecer as necesidades do sector

“Ao incluír os barcos tradicionais no novo programa de subvencións”, explicou o vicepresidente provincial, “estamos dando resposta a unha demanda histórica por parte das entidades que xestionan este tipo de patrimonio e que carecen de actividades económicas propias que lles permitan asumir os custos que supón a conservación das embarcacións, un recurso dun valor cultural incalculable”.
Ler novas
O responsable do departamento de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

A Deputación destina este ano 275.000 euros para apoiar proxectos de especial relevancia social e cultural

Para o responsable do departamento provincial de Cultura, Xurxo Couto, “a existencia dun tecido cultural privado, que ofreza contidos de calidade e de interese en lingua galega, e capaz de gañar músculo, solvencia, autonomía e capacidade de ser rendíbel, resulta fundamental para o desenvolvemento cultural normalizado do noso país e esixe da posta en marcha de políticas de apoio desde o ámbito público”. 
Ler novas
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

A Deputación da Coruña investirá medio millón de euros na primeira fase do Proxecto Anllóns

“Ademais de mellorar a saúde do río e a calidade da súas augas, pretendemos facer do curso completo, desde o seu nacemento até a súa desembocadura, un recurso aberto á sociedade, andable e transitable en bicicleta polas ribeiras, e que sexa relevante na oferta turística fluvial non só xa da Costa da Morte, senón de toda Galiza”, explicou o vicepresidente provincial, Xosé Regueira
Ler novas