A DEPUTACIÓN PROMOCIONARÁ A GASTRONOMÍA DE ORTEGAL E DA RESERVA DA BIOSFERA NA FEIRA DE TENDENCIAS TURÍSTICAS DE BILBAO

Xosé Regueira: "A gastronomía de calidade está funcionando como unha ferramenta moi útil para dar a coñecer o territorio"

Regueira, nunha demostración culinaria de Lolo Mosteiro promovida pola Deputación
Regueira, nunha demostración culinaria de Lolo Mosteiro promovida pola Deputación

Produtos culinarios singulares e cociña de autor conforman o programa de showcookings e degustacións comentadas coas que a Deputación da Coruña participa esta fin de semana na Feira ‘Expovacaciones. Tendencias & Experiencias’.  “Este tipo de promoción baseada na oferta gastronómica", explica Regueira, "é un dos nosos puntos fortes e, como tal, estamos dando pasos firmes para desenvolver unha marca gastronómica propia, que funcione como un paraugas para produtores e produtoras agroalimentarias, para empresas de transformación e para cociña de autor ou singular”.

Xosé Regueira: "A gastronomía de calidade está funcionando como unha ferramenta moi útil para dar a coñecer o territorio"

Dar a coñecer dúas áreas xeográficas singulares a través da súa gastronomía é o obxectivo da área de Turismo da Deputación da Coruña na Feira ‘Expovacaciones. Tendencias & Experiencias’, que esta fin de semana se celebra en Bilbao. Así, a gastronomía que protagonizará os showcookings e as degustacións comentadas no stand a Deputación é a que corresponde aos territorios da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo e do proxecto de Xeoparque de Cabo Ortegal.

“Nos últimos anos", explica o vicepresidente e titular de Turismo, Xosé Regueira, e"Estamos constatando que a gastronomía de calidade está funcionando como unha ferramenta moi útil para dar a coñecer o territorio, tanto no relacionado coa materia prima e coa oferta de restauración, como en cuestións culturais, xeográficas, paisaxísticas ou mesmo xeolóxicas”. “Este tipo de promoción baseada na oferta gastronómica", engade, "é un dos nosos puntos fortes e, como tal, estamos dando pasos firmes para desenvolver unha marca gastronómica propia, que funcione como un paraugas para produtores e produtoras agroalimentarias, para empresas de transformación e para cociña de autor ou singular”.

Na feira de Bilbao, a Deptuación terá actividade propia durante os tres días para dar a coñecer ao público as características e peculiaridades dos produtos da Reserva da Biosfera e do Xeoparque Ortegal a través de desgustacións comentadas e cociña en directo. O venres 6, está previsto un showcooking con produtos do territorio do Xeoparque de Ortegal a cargo dos cociñeiros Óscar Galandum e Ganna Alinachikova, da ‘Taberna Bardancas’ de Cariño. Na mesma xornada, tamén están programadas degustacións comentadas con produtos da conserveira La Pureza de Cariño e de requeixo de San Sadurniño e de Moeche.

O sábado e o domingo, os showcookings correrán a cargo do cociñeiro Lolo Mosteiro e da cociñeira Paula Martínez, da ‘Artesa da moza crecha’ de Betanzos. Neste caso combinarán produtos da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo con produtos do Xeoparque de Cabo Ortegal. As degustacións comentadas centraranse en conservas de Mar de Ardora e Algamar de Ortigueira, queixo de Moeche, e conservas Amieiro de Cariño.

Xosé Regueira: "A gastronomía de calidade está funcionando como unha ferramenta moi útil para dar a coñecer o territorio"