Xurxo Couto lembrou en Camelle “a importancia de manter viva a memoria”, no 125 aniversario do naufraxio do 'City of Agra'

Couto, antes da súa intervención no 125 aniversario do naufraxio do 'City of Agra'
Couto, antes da súa intervención no 125 aniversario do naufraxio do 'City of Agra'

"Estamos hoxe aquí”, dixo o responsable provincial de Cultura na súa intervención, “para facer memoria, porque conservar a memoria, verdadeiro patrimonio inmaterial, é importante para lembrar quen fomos e por iso somos". "Hoxe non só lembramos unha parte da nosa historia, senón que honramos a persoas que hai 125 anos arriscaron a vida por salvar a de doutros e mesmo os acolleron nas súas casas logo do traxedia”.

Xurxo Couto lembrou en Camelle “a importancia de manter viva a memoria”, no 125 aniversario do naufraxio do 'City of Agra'

O responsable do departamento de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, participou esta mañá en Camelle na apertura da terceira edición da homenaxe que esa parroquia mais o lugar de Arou, en Camariñas, celebran en lembranza do naufraxio nos baixos de Canesudo do buque  británico ‘City of Agra’, en 1897. Serán tres días, desde hoxe ata o domingo, dun programa cultural, musical e gastronómico organizado pola Asociación Cultural Naufraxios Galegos e o Concello de Camariñas, en colaboración coa confraría local de pescadores e co apoio económico da Deputación.

"Estamos hoxe aquí”, dixo Couto na súa intervención, “para facer memoria, porque conservar a memoria, verdadeiro patrimonio inmaterial, é importante para lembrar quen fomos e por iso somos". "Hoxe non só lembramos unha parte da nosa historia, senón que honramos a persoas que hai 125 anos arriscaron a vida por salvar a de doutros e mesmo os acolleron nas súas casas logo do traxedia”.

O deputado salientou tamén a implicación e participación na homenaxe dos veciños de Camelle e de Arou, “quen participan dun programa dunha calidade incuestionable, no que caben o teatro, a gastronomía, a música e outras actividades artísticas”.

Couto tivo tamén palabras de eloxio e agradecemento para os organizadores: “A súa labor é dunha grande importancia, pois foron quen de compoñer o que, sen dúbida, é o meirande programa cultural dedicado a un naufraxio en Galicia”. “E fixérono”, engadiu, “en estreita colaboración, da que en Cultura da Deputación tamén nos sentimos honrados de participar”.

Nun acto que tivo lugar o pasado mes de marzo, descubriuse na fachada do Museo de Man unha placa conmemorativa dedicada aos dezaseis mariñeiros (catorce de Camelle e dous de Arou) que rescataron os náufragos do vapor inglés hai 125 anos. No afundimento, recollido polo secretario de Naufraxios Galegos, Xurxo M. Rodríguez Agra, no seu libro “O naufraxio do City of Agra”, faleceron 33 persoas, pero sobreviviron outras 42, 32 salvadas polos mariñeiros locais e aloxadas en Arou, Camelle e Camariñas, e dez máis socorridas polo  mercante británico ‘Onega’.
 

Xurxo Couto lembrou en Camelle “a importancia de manter viva a memoria”, no 125 aniversario do naufraxio do 'City of Agra'