A área de Igualdade da Deputación da Coruña pon en marcha a quinta edición da campaña "Liberdade de ser e sentir"

Imaxe gráfica da campaña 'Liberdade de ser e sentir'
Imaxe gráfica da campaña 'Liberdade de ser e sentir'

María Muíño destacou a pluralidade de propostas, deseñadas en colaboración coas entidades e os concellos, que "ofrecerán ferramentas e materiais para utilizar durante todo o ano e sumar miradas inclusivas para avanzar nunha sociedade máis tolerante e igualitaria". 

A área de Igualdade da Deputación da Coruña pon en marcha a quinta edición da campaña "Liberdade de ser e sentir"

Comezou unha nova edición, a quinta, da campaña “Liberdade de ser e sentir”, unha iniciativa coa que a área de Igualdade da Deputación da Coruña quere, para a conmemorar o Día das Diversidades Sexuais, que se celebrará o vindeiro 28 de xuño, sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Nesta primeira semana da campaña, que se presentará o 27 de xuño e se desenvolverá ata a segunda quincena de xullo, o departamento que dirixe a deputada María Muíño espera pechar a listaxe de concellos e entidades da provincia que se sumarán ao programa —en 2021 foron 85 concellos e 15 entidades—. Tamén informará das datas nas que se celebrarán os obradoiros infantís —presenciais, ao igual que a palestra do 2 de xullo— e publicará o primeiro vídeo de presentación de colectivo LGTBAQI+. 

A programación desta edición volve combinar a presencialidade e o formato dixital. Como novidade, este ano non haberá envío de material promocional, pero si se poderán descargar os aplicativos coa imaxe da campaña na área privada da web á que teñen acceso os concellos e entidades que formalicen a adhesión.

María Muíño destacou a pluralidade de propostas, deseñadas en colaboración coas entidades e os concellos, que "ofrecerán ferramentas e materiais para utilizar durante todo o ano e sumar miradas inclusivas para avanzar nunha sociedade máis tolerante e igualitaria".


Actividades
    • Para público infantil. organización de 15 obradoiros presenciais ‘A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro’, orientados á rapazada de 5 a 7 anos. Durante os talleres as nenas e os nenos achegaranse mediante o xogo ás diversidades afectivo-sexuais, co obxectivo de favorecer o bo trato e os coidados, así como previr o rexeitamento e o auto-rexeitamento por motivos de orientación ou identidades e aprender a poñer límites e expresar os afectos de maneira saudable. Estes 15 obradoiros impartiranse en 15 concellos da provincia entre o 27 de xuño e o 13 de xullo. Para determinar cales serán os 15 concellos onde se van desenvolver os obradoiros farase un sorteo entre todas as solicitudes.
    • Para a mocidade. Subirase a web do programa (https://seresentir.gal/inicio/gl/) un xogo de pistas, pensado para exteriores, aproveitando as datas estivais a posibilidade de que os concellos e as entidades queiran incorporar a actividade ás súas programacións de verán,  campamentos, etc. O xogo estará dispoñible desde o 27 de xuño.
    • Para público adulto/familiar. O sábado 2 de xullo, en horario de mañá, está prevista a celebración —en sede por confirmar— dunha palestra presencial e retransmitida por ‘streaming,’ na que a sexóloga Martina González Veiga achegará a conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas, así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo.

Programa por datas
Semana do 27 de xuño
    • Presentación da campaña por parte da área de Igualdade da Deputación.
    • Na web colgarase o xogo de pistas como recurso a empregar en campamentos de verán ou actividades para rapazada a partires de 10 anos.
    • Por confirmar, o vídeo de Davide Salvado, que se colgará na web en canto esta dispoñible.
    • Segundo vídeo de presentación do colectivo LGTBAQI+.
    • O sábado 2 de xullo celebrarase a palestra de Martina González Veiga, que será retransmitida en ‘streaming’ a través da canle de YouTube da Deputación e da web da campaña. Vídeo incorporase de xeito indefinido como recurso de consulta.

Semana 4 de xullo
    • Información sobre a palestra do sábado 2.
    • Información sobre como se desenvolven os obradoiros infantís, acompañada de algunha foto onde non se vexa á cativada.
    • Terceiro vídeo de presentación do colectivo LGTBAQI+.

Semana 11 de xullo
    • Cuarto vídeo de presentación do colectigo LGTBAQI+.
    • Resumo de como se desenvolveu a programación, agradecementos e despedida.

Na web da campaña irase actualizando información e recursos para que concellos e entidades poidan traballar coa veciñanza. Na actualidade están dispoñibles un feixe de contidos, como vídeos de colectivos LGTBAQI+, pílulas
informativas, xogo interactivo, webserie e outro material recompilado ao longo das anteriores edicións.

A área de Igualdade da Deputación da Coruña pon en marcha a quinta edición da campaña "Liberdade de ser e sentir"