Máis criterios sociais nos novos pregos de contratación
Favorecerán a participación das pequenas e medianas empresas nos concursos.
Favorecerán a participación das pequenas e medianas empresas nos concursos.
“A Cultura é un Dereito” que botou a andar este mércores 25 de abril no Pazo de Mariñán.
A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, anunciou que continúan abertas as vías de reclamación xudicial do Pazo de Meirás, despois de se coñecer a resposta de Patrimonio Nacional.
A Deputación e a Universidade Menéndez Pelayo colaboran na programación para o 2018 que comeza o 26 de maio.
"Cultura e Sociedade en Galiza: Iniciativas e Experiencias” é o título da primeira xornada do programa “A Cultura é un Dereito” que a área de Cultura da Deputación da Coruña organiza en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
A cantidade supón o 14% do orzamento total.
A mostra Sete varas, un refaixo trae 55 xoias da vestimenta galega nunha a pasarela de traxe tradicional organizada pola Asociación Sete Espadelas.
A deputada de Igualdade, Educación e Servizos Sociais, Ánxela Franco, presentou esta mañá o programa de prevención de adiccións que se desenvolverá nas 18 comarcas da Coruña. Franco fixo fincapé na necesidade de enfoncar as políticas públicas de benestar cara as persoas como "un investimento no noso capital humano como mellor forma de transformar o futuro", e sinalou que a educación é tamén unha política intelixente e eficaz por riba mesmo das disposicións legais para combater as adiccións e as dependencias.
A deputada de Igualdade, Educación e Servizos Sociais, Ánxela Franco, presentou esta mañá o programa de prevención de adiccións que se desenvolverá nas 18 comarcas da Coruña. Franco fixo fincapé na necesidade de enfoncar as políticas públicas de benestar cara as persoas como "un investimento no noso capital humano como mellor forma de transformar o futuro", e sinalou que a educación é tamén unha política intelixente e eficaz por riba mesmo das disposicións legais para combater as adiccións e as dependencias.
A Deputación da Coruña aposta pola cooperación urbano-rural para potenciar o turismo sostible na provincia.
A obra sobre San Andrés de Teixido gañara en 1972 o Premio de Etnografía Federico Maciñeira e a edición era un dos desexos da autora.
Ánxela Franco informa ás entidades sociais sobre as catro liñas de axuda ás que a súa área destina máis de dous millóns de euros.
A comisión está presidida polo presidente do Consorcio e da Deputación, Valentín González Formoso, e integrada polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato; a secretaria da delegación provincial da Xunta, Patricia Rodríguez Franco; o director xeral de Emerxencias, Luis Menor Pérez, e a deputada provincial Ánxela Franco.
Goretti Sanmartín presentou esta mañá o pase do documental 'Arte+Muller+Galicia', de Rosario Sarmiento, e a estrea da obra de teatro 'Estás aí?', dirixida por Alex Sampayo, que arrancan a programación de primavera no Colón.
Máis de cen persoas do ámbito da cultura participan nas tres xornadas coas que bota a andar o programa “A Cultura é un Dereito”
“Libros para sermos libres” reparte 6.000 libros entre a poboación arredor do Día Internacional do Libro.
A responsable da área de Igualdade, Educación e Servizos Sociais da Deputación da Coruña mantivo unha reunión co presidente e vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García e Manuel Mirás.
A área de Cultura que dirixe a tamén vicepresidenta Goretti Sanmartín promove unha acción única no panorama cultural galego.
Luís Bará, Monse Fajardo, Carlos Babío, Marisa Lores e Xoán Carlos Garrido acompañarán a Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña no debate que o Grupo Parlamentar do BNG organiza na sede do Parlamento de Galiza o vindeiro 7 de abril.
No pleno de marzo o PP tamén criticou o acordo entre o goberno provincial e o goberno municipal da Coruña para a cesión da xestión do Teatro Colón á cidade a partir de xullo. Rosa Gallego, deputada popular e concelleira na Coruña, aludiu a unha suposta inconcreción do convenio. A vicepresidenta Goretti Sanmartín defendeu que o acordo explicita cal debe ser a coordinación entre as administracións e mesmo inclúe unha reserva de días para a programación propia da Deputación así como a cantidade que achegará o organismo provincial.