A Deputación rexeita adherirse ao protocolo da Xunta e Fomento sobre os terreos portuarios da Coruña
Os votos de BNG, PSdeG-PSOE, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños sumáronse en contra da moción do Grupo Popular.
O pleno da Deputación da Coruña rexeitou hoxe adherirse ao protocolo asinado o pasado 18 de abril entre a Autoridade Portuaria da Coruña, Portos do Estado e a Xunta de Galicia sobre os terreos de Batería, Calvo Sotelo e A Solana, no porto coruñés.
O Grupo Popular propoñía que a institución provincial participara económicamente na compra dos terreos, adheríndose ao condominio participado pola Xunta nun 51%, e contribuira a determinación dos usos aos que se dedicarán estas parcelas.
O voceiro do BNG, Xosé Regueira, considerou tamén que “son os coruñeses os que teñen que decidir qué queren facer cos terreos” e lembrou que o obxectivo da Deputación é apoiar aos pequenos concellos da provincia, aínda que a institución provincial “vai máis alá das súas competencias”. Así, saíu adiante outra moción rexistrada por Marea Atlántica na que se solicitaba deixar en suspenso o anuncio do 18 abril e sumarse ao debate do protocolo avalado polo pleno do Concello da Coruña.