Programa de «O galego a miña lingua propia» nos colexios até xuño

DclLhuLX0AAJiF5
O galego, a miña lingua propia.
Programa de «O galego a miña lingua propia» nos colexios até xuño

A área de Normalización Lingüística, que dirixe a tamén vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, bota a andar o seu novo programa de dinamización e promoción lingüística destinado á mocidade. O galego, a miña lingua propia é o título da iniciativa que percorrerá até 43 concellos da provincia e que bota a andar este luns día 7 no IES Poeta Francisco Añon de Outes. O programa até xuño é o seguinte.

  • A BAÑA Mércores 9 Maio CPI SAN VICENTE 16:00h. Gaitafilmes. Obradoiro de cine na aula
  • ARZÚA Luns 14 Maio IES NOSA SRA. DO ROSARIO María Yañez - Mapeando o galego nas redes
  • SANTA COMBA Luns 14 Maio IES TERRAS DE XALLAS Lois Blanco Arauxo – Proxección da curtametraxe ‘Fálame do silencio’ e charla co director
  • FISTERRA I Mércores 16 Maio IES NOSA SRA. DO CARME MJ Perez – Música e audiovisual
  • NEGREIRA Mércores 16 Maio 11h30 IES XULIÁN MAGARIÑOS Fran Cañotas I Taller de xornalismo deportivo
  • AMES Venres 18 Maio IES MILLADOIRO María Yañez - Mapeando o galego nas redes
  • BETANZOS Venres 25 Maio IES AS MARIÑAS MONOULIOUS DOP - Música, diversión e participación
  • A CORUÑA Venres 25 Maio IES CALVO SOTELO LEANDRO LAMAS – Un debuxo paso a paso
  • FISTERRA Mércores 4 xuño IES FIN DO CAMIÑO MJ Perez – Música e audiovisual
  • RIANXO Mércores 20 xuño IES FÉLIX MURIEL MJ Perez – Música e audiovisual
  • AMES Mércores 20 xuño IES BERTAMIRÁNS Laura Romero - Presentación do proxecto ‘As mulleres na música galega’
  • ABEGONDO Mércores 20 xuño IES VIÓS García MC – Obradoiro de Hip Hop e Rimas
  • ARZÚA xoves 21 xuño IES DE ARZÚA Xurxo Souto – Somos un pobo de artistas!
Programa de «O galego a miña lingua propia» nos colexios até xuño