“Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, no Día das Letras

Goretti Sanmartín coas compoñentes de Matrioska Teatro na presentación da obra
Goretti Sanmartín coas compoñentes de Matrioshka Teatro na presentación da obra.

O Teatro Colón acolle este mércores desde as 20:30 horas a representación da obra de Matrioshka Teatro sobre a figura de María Victoria Moreno.

“Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, no Día das Letras

A área de Cultura da Deputación da Coruña súmase á homenaxe a María Victoria Moreno levando ao escenario do Teatro Colón  a obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, de Matrioshka Teatro. O espectáculo, que terá lugar o mércores ás 20:30 horas é unha das iniciativas que organiza arredor da escritora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

 

Baixo a dirección de Gena Baamonde, a compañía Matrioshka Teatro encargarase de interpretar unha peza en que se abordarán os pormenores da vida e da obra da escritora homenaxeada co día das Letras Galegas 2018. Tras realizar unha exhaustiva análise sobre a traxectoria profesional de María Victoria Moreno, a compañía teatral centrou as súas pesquisas en coñecer o perfil máis persoal da autora, o través de diversas entrevistas con diferentes persoas que compartiron experiencias vitais coa escritora.

 

A vicepresidenta responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín subliñou que “a representación de Matrioshka Teatro permítenos achegarnos non só á obra de María Victoria Moreno senón tamén  ao seu compromiso diario coa lingua e cultura galega, ademais da faceta máis persoal dunha muller próxima que acompañou varias xeracións no amor polo galeog e a súa literatura”.

 

Video interactivo

A figura de María Victoria Moreno é tamén a protagonista do vídeo interactivo que a área de Cultura da Deputación da Coruña disponibiliza co fin de que, de maneira especial o alumnado dos centros de ensino, se acheguen de maneira amena á figura da escritora.

O video que está a disposición na ligazón: https://www.dacoruna.gal/normalizacion/video-interactivo-maria-victoria-moreno/

“Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, no Día das Letras