Ánxela Franco participa nos actos do Día da Epilepsia para sensibilizar á veciñanza
Colectivos de pacientes e representantes políticos e institucionais reuníronse este mediodía no Obelisco, na Coruña.
A deputada nacionalista e responsábel da Área de Servizos Sociais da Deputación, Ánxela Franco, participou esta mañá no acto de celebración do Día da Epilepsia, que na Coruña reuniu a representantes políticos e institucional así como a membros de colectivos de pacientes de outras doenzas. A data deste ano organizouse baixo o lema Dar a cara pola epilepsia, co obxectivo de informar e sensibilizar á poboación sobre a enfermidade.
A epilepsia afecta a uns 50 millóns de persoas en todo o mundo, unhas 400.000 no Estado español, segundo a Sociedad Española de Neurología, que sinala que se trata dunha das enfermidades neurolóxicas máis frecuentes e que máis de 600.000 persoas no Estado sufrirán os seus efectos durante a súa vida.
No acto, no que as asistentes luciron lazos vermellos, participou ademais o responsábel local do BNG na Coruña, Manuel Francisco Méndez.