Cultura convoca 40 bolsas para proxectos de investigación e estudos artísticos

A Deputación convoca 40 bolsas para proxectos de investigación e perfeccionamento de estudos artísticos
Haberá dúas bolsas de formación para a danza e as artes do movemento.

Vinte bolsas para investigación en distintos ámbitos e outras vinte para o perfecionamento de estudos artísticos forman parte da oferta da área de Cultura da Deputación da Coruña que engade nesta nova convocatoria as destinadas a traballos sobre políticas culturais.

Cultura convoca 40 bolsas para proxectos de investigación e estudos artísticos

Apoiar a investigación en distintos ámbitos e contribuír ao perfeccionamento de estudos artísticos en centros de referencia é o obxectivo da nova convocatoria de bolsas da Deputación da Coruña que este luns publica o Boletín Oficial da Provincia (BOP). En total, son corenta bolsas, vinte para as distintas disciplinas artísticas e vinte para proxectos de investigación que, despois de ter incrementado na pasada edición os ámbitos de Xénero e Planificación Sociolingüística da lingua galega ofrecen como novidade este ano a oferta para a área de Políticas Culturais.

 

Poden consultar máis información nas seguintes ligazóns:

20 Bolsas de investigación:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/05/07/2018_0000003142.html 

20 Bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/05/07/2018_0000003141.html

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña Goretti Sanmartín, incidiu no “impacto positivo” e o “relevante retorno social, cultural e económico” que derivan dos estudos de investigación, ao tempo que puxo en valor a nova modalidade á que se poderá concorrer nesta edición do 2018, na área de políticas culturais. 

 

O prazo para participar na convocatoria está aberto até o vindeiro día 31 de maio (14:00 horas) para inserir as súas investigacións dentro dalgunha das oito áreas do coñecemento desta nova edición. 

 

Así mesmo, a área de Cultura da Deputación destina este ano 180.000 euros para sufragar vinte bolsas formativas -repartidas en seis modalidades-  para aquelas persoas, que queiran completar e actualizar os seus estudos artísticos en centros de referencia de fóra de Galiza.

Cultura convoca 40 bolsas para proxectos de investigación e estudos artísticos