Galiza, convidada de honra no Festival Marítimo de Pasaia
A Deputación da Coruña colabora coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial na delegación galega que participará na primeira edición do certame entre hoxe e o luns.
Nesta edición inaugural, a delegación galega será a convidada de honra dun certame que porá en valor a cultura e tradición marítima de distintas rexións europeas. Así, o Festival Marítimo de Pasaia artellou un programa repleto de actividades culturais e gastronómicas, que durante cinco días converterán a baía pasaitar na capital do sector marítimo.
O deputado e responsable de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, subliñou o “grande orgullo” que representa para a institución provincial poder participar nun festival en que se poderá “dar a coñecer a Galicia como potencia mariñeira histórica” e a súa “arraigada tradición na construcción de embarcacións navais e pesqueiras”. Así, Regueira puxo en relevo o traballo e a colaboración das entidades participantes, encabezadas pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e os diferentes axentes que participan no evento.
A delegación galega achegará até Euskadi unha mostra de embarcacións tradicionais gen que se poderá contemplar a grande variedade e tipoloxías das naves empregadas pola frota galega ao longo da súa historia. Ademais disto, a Deputación da Coruña tamén levará a cabo diversos obradoiros que servirán para expor algúns dos oficios máis senlleiros da tradición mariñeira en Galicia, entre os destacan os talleres que impartirán as redeiras de Malpica, o obradoiro das palilleiras de Camariñas, ou senllos talleres de artesanía e maquetación de embarcacións.
O departamento de turismo da Deputación xestionará tamén un punto de información turística dentro do espazo institucional con atención ao público e reparto de material turístico dos concellos.