Novas
Vídeo
Presentación do informe xurídico sobre a propiedade do Pazo de Meirás

Presentación do informe xurídico sobre a propiedade do Pazo de Meirás

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, chamou a actuar "con contundencia e con axilidade" para a recuperación do Pazo de Meirás despoisa de dar a coñecer esta mañá o informe xurídico encargado pola Xunta Pro Devolución do Pazo de Meriás no que se consideran as posibilidades de levar o caso diante dos tribunais nun pleito contra a familia Franco. Na rolda de prensa participou un dos expertos, Xabier Ferreira.

Ler novas
Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña

«Desatar o atado»

Reproducimos o artigo que a Vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, impulsora da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, publica hoxe nas páxinas de Opinión do diario La Voz de Galicia respecto do anuncio de venda do Pazo por parte da familia Franco.

Ler novas
Vídeo
Xosé Regueira explica as intervencións para o Xeoparque

Xosé Regueira explica as intervencións para o Xeoparque

Xosé Regueira, responsábel de Turismo da Deputación, asinou xunto ao presidente González Formoso e os representantes dos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño o convenio para o proxecto do Xeoparque de Ortegal. O pleno da Deputación acordara destinar 500.000 euros ao convenio. Regueira explica que intervencións se levarán adiante.
Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín esixe o inicio do expediente sancionador á familia Franco

Goretti Sanmartín esixe o inicio do expediente sancionador á familia Franco

A vicepresidenta da Deputación da Coruña respondeu hoxe ao anuncio da venda do Pazo de Meirás nun portal inmobiliario cántabro por 8.000.000 millóns de euros instando á Xunta de Galicia a que “faga cumprir a Lei de Patrimonio cultural de Galiza e inicie de maneira inmediata o expediente sancionador contra a familia Franco por poñer á venda un BIC sen cumprir a obriga de comunicación ao organismo que os tutela que é a Consellaría de Cultura”. De non o facer, Goretti Sanmartín entende que “estaría a haber conivencia coa descendencia do ditador e é tempo xa de rematar coa impunidade da que gozaron durante tanto tempo”.

Ler novas
Vídeo
Nova xestión para o Teatro Colón da Coruña

Nova xestión para o Teatro Colón da Coruña

O convenio farase efectivo a partir do vindeiro 2 de xullo e suporá a achega de 500.000 euros por parte da Deputación da Coruña coa reserva de trinta días para “concellos e entidades que o soliciten co fin de servizo ao tecido social que viña facendo alí actividades culturais”, explicou a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, esta mañá na presentación do cambio na xestión do Teatro Colón que pasará o vindeiro 2 de xullo a ser municipal, integrándose no Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).
Ler novas
Vídeo
ARTE + MULLER + GALICIA

ARTE + MULLER + GALICIA

ARTE+MULLER+GALICIA, de Rosario Sarmiento Escalona é un dos proxectos seleccionados no I Concurso Luísa Villalta. O obxectivo deste documentario é poñer voz ás artistas galegas que durante moitos anos foron inexistentes para a historia, condenadas a ser mulleres do silencio.
Ler novas
Vídeo
Juana Docencia

Juana Docencia

Poesía, danza, música e creación escénica únense neste proxecto sobre a escritora uruguaia de ascendencia galega Juana de Ibarborou (1892-1979) e a declarada influencia que sobre ela exerce Rosalía. A directora, Marina Ourol, de Noente Paradise, fala no acto de presentación dos proxectos seleccionados para o I Concurso Luísa Villalta.
Ler novas
Vídeo
Concurso Luísa Villalta: A silenciosa revolución das mulleres de Vilasantar

Concurso Luísa Villalta: A silenciosa revolución das mulleres de Vilasantar

"A silenciosa revolución das mulleres de Vilasantar" é un documental de Marina Dias Porto Chiavegatto seleccionado no I Concurso Luísa Villalta de ideas de proxectos culturais pola igualdade. "A silenciosa revolución das mulleres de Vilasantar" narra a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e organización social de toda unha comarca no inicio do século XX en Galiza.
Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín presenta ás gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta

Goretti Sanmartín presenta ás gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta

"Temos que contribuír a crear un imaxinario diferente arredor das mulleres e dos homes nesta sociedade a través de proxectos que teñan que ver coa visibilidade das mulleres e coa cultura coma un deses elementos fundamentais para construír ese imaxinario", dixo Sanmartín na presentación esta mañá das gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade. A vicepresidenta e responsábel de Cultura estivo acompañada por Ánxela Franco, deputada nacionalista da Área de Igualdade. Goretti Sanmartín subliñou o peso dos formatos audiovisuais en todos os proxectos presentados e indicou que unha forma moi útil para chegar ás mozas e mozos.
Ler novas
Vídeo
Xosé Regueira advirte que a Sanidade Pública é un dos piares do benestar

Xosé Regueira advirte que a Sanidade Pública é un dos piares do benestar

"Estamos diante dun dos piares básicos do benestar, poucas cousas son tan importantes para unha sociedade como a sanidade pública", dixo Xosé Regueira no pleno de xaneiro na Deputación, onde se acordou unha moción en defensa da Sanidade Pública cos votos favorables do BNG, PSdeG, Alternativa dos Veciños, Compostela e Marea Atlántica, e a abstención do PP.

Ler novas
Vídeo
Xosé Regueira explica o investimento no Xeoparque de Ortegal

Xosé Regueira explica o investimento no Xeoparque de Ortegal

O pleno da Deputación acordou esta mañá a aprobación do convenio cos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño para o proxecto do Xeoparque de Ortegal. Xosé Regueira, deputado nacionalista e responsábel da da área de Cooperación, Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, explica o investimento de 500.000 euros.
Ler novas
Vídeo
Contra os Elementos

Contra os Elementos

"Contra os elementos" é un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva das deportistas de elite e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade. O título do documental refírese directamente por un lado á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte e por outro é unha alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas. Web do proxecto: www.contraoselementos.gal Unha produción de Esferobite para Deputación da Coruña 2016
Ler novas