A Deputación levará adiante a iniciativa política máis importante desde a morte do ditador para recuperar o Pazo de Meirás

Rolda de prensa esta mañá na Deputación despois da reunión da Xunta Pro Devolución
Rolda de prensa esta mañá na Deputación despois da reunión da Xunta Pro Devolución.

A Deputación quere que Patrimonio Nacional inicie o proceso de reclamación do Pazo de Meirás. A solidez dos informes avalan a posibilidade de devolver o Pazo de Meirás ao dominio público.

A Deputación levará adiante a iniciativa política máis importante desde a morte do ditador para recuperar o Pazo de Meirás

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da institución, compareceron diante dos medios de comunicación este xoves para anunciar que os informes xurídico e histórico encargados pola Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás teñen a solidez suficiente como para que desde a Deputación se inste a Patrimonio Nacional a iniciar o proceso de devolución do Pazo de Meirás. 

 

O goberno provincial está decidido a levar adiante a iniciativa política máis importante desde a morte do ditador para recuperar o Pazo de Meirás. E buscará reforzar a fronte institucional co apoio do resto dos grupos.  González Formoso e Goretti Sanmartín avanzaron que reunirán de maneira urxente a Xunta de Portavoces e tamén que solicitarán xuntanzas cos grupos do Parlamento Galego para que se adhiran á reclamación.

 

Os documentos presentados botan luz sobre un posible proceso de compra-venda fraudulento, en canto se podía estar ante un "contrato simulado", co quea familia Franco pretendeu “eludir á Lei de Patrimonio Nacional” de 1940.

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, explicou que os estudos abren "unha porta a esperanza para a devolver un BIC ao dominio público". Así mesmo, parabenizou a vicepresidencia da Deputación, Goretti Sanmartín, por liderar a iniciativa de reverter a tititularidade do Pazo. "É lamentable a imaxe que durante décadas demos como país" apostillou o presidente, en alusión ao feito de non haber adoptado medidas con anteriroridade respecto da devolución do Pazo. A vicepresidenta Goretti Sanmartín puxo en relevo os “dous documentos sólidos e rigorosos" que "abren as portas a un escenario distinto que permite recuperar ao dominio público o Pazo, en cumprimento do compromiso adquirido coa Xunta pro Devolución do Pazo".

A Deputación levará adiante a iniciativa política máis importante desde a morte do ditador para recuperar o Pazo de Meirás