PATRIMONIO

Impulso ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte

Xosé Regueira con representantes dos once concellos do Parque do Megalitismo
Xosé Regueira con representantes dos once concellos do Parque do Megalitismo.

A Deputación da Coruña investirá medio millón de euros, anunciou o deputado Xosé Regueira nunha xuntanza cos alcaldes dos once concellos implicados.

Impulso ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte

Xosé Regueira, responsábel de Patrimonio da Deputación, avanzou a creación dunha mancomunidade de impulso da área patrimonial do Parque do Megalitismo no que se investirán medio millón de euros para a execución dunha parte do Plan Director. Elaborarase un plan de divulgación, mellorarase a accesibilidade aos túmulos e a sinalización, e tamén compraranse terreos nos que se atopan os monumentos arqueolóxicos.

 

Entre outros monumentos, forman parte do Parque Arqueolóxico da Costa da Morte a Pedra Moura, Casa dos Mouros, Pedra Cuberta, Arquiña de Vilaseco e Mina de Recesinde do concello de Vimianzo, Pedra da Arca de Malpica, Arca da Piosa e Pedra Vixía de Zas, Fornela dos Mouros de Laxe, a Mina da Parxubeira de Mazaricos, Pedra Moura de Carballo ou o propio Dolmen de Dombate de Cabana de Bergantiños.  

 

Os concellos que forman parte do Parque do Megalitismo son Malpica de Bergantiños, Carballo, Zas, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Dumbria, Corcubión, Mazaricos ademais da Laracha e Ponteceso. 

Impulso ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte