Tres millóns para incentivar a cultura

Toxos e Froles
Toxos e Froles.

Aa área de Cultura, que dirixe Goretti Sanmartín, abre seis liñas de axuda destinadas a apoiar, entre outras, actividades, festivais, investimentos e programas de cultura popular.

Tres millóns para incentivar a cultura

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases das seis novas liñas de axuda coas que a institución provincial pretente impulsar o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2018, así como reafirmar o seu apoio as entidades sen ánimo de lucro do tecido cultural da Coruña para realizar investimentos.

 

Liña de axuda actividades culturais para entidades sen ánimo de lucro:

A primeira das liñas de axuda, dotada cun orzamento de 1.000.000 euros, ten por obxecto favorecer a realización de actividades culturais por parte de entidades sen ánimo de lucro de natureza cultural, veciñal, socioeducativa  ou asistencial. Podendo optar, segundo a modalidade á que pertenzan, a unhas partidas que oscilan entre o 1.000 e os 30.000 euros.

ttp://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/22/2018_0000002196.pdf

 

Liña de axuda investimento culturais para entidades sen ánimo de lucro:

Do mesmo xeito, as asociacións culturais, veciñais, xuvenís, ANPAS, e restantes entidades sen ánimo de lucro poderán concorrer a outro programa de subvencións cuxa finalidade é apoiar a realización de investimentos por parte das devanditas agrupacións. As entidades solicitantes poderán mercar material técnico e artístico vencellado as súas actividades, moblaxe, ou abordar a realización de reformas e mellora nos inmobles que sexan da súa titularidade. Desta volta, o orzamento consignado pola institución provincial acada os 300.000 euros.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/22/2018_0000002197.pdf

 

Liña de axuda actividades corais polifónicas, bandas de música e baile tradicional, entidades musicais, formación musicais de grande formato:

A terceira das apostas económicas da Deputación da Coruña ten como destinatarios as corais polifónicas, as bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego ou as formacións musicais de grande formato. Todas elas, terán a posibilidade de acceder a un programa de axudas dotado con 450.000 euros para a realización de actividades culturais durante o presente ano, ademais doutra liña de axudas, dotada con 200.000 euros, para realizar investimentos.

ttp://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/22/2018_0000002200.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/22/2018_0000002201.pdf

 

Liña de axuda realización de festivais audiovisuais musicais, musicais e de artes escénicas:

Consolidando o papel como institución que máis apoio ofrece aos festivais que se desenvolven no seu territorio, a Deputación da Coruña publica agora a liña de apoio destinada ás entidades e dotado con 500.000 euros. A iniciativa, á que se sumará a convocatoria dirixida a concellos, ten como obxectivo estimular o desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas por parte de entidades sen ánimo de lucro.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/22/2018_0000002202.pdf

 

Liña de axuda desenvolvemento actividades museos, centros de interpretación e bibliotecas:

Finalmente, engádese ás anteriores convocatorias de subvencións que sae publicado hoxe no BOP a que ten por obxectivo afondar na protección e posta en valor dos bens que integran os fondos patrimoniais daquelas entidades ou fundacións da Coruña que son titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas. Para este fin, e co ánimo de crear unha sociedade máis culta, igualitaria, inclusiva e respectuosa a Deputación consignou un orzamento de 500.000 euros.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/22/2018_0000002194.pdf

 

 

Tres millóns para incentivar a cultura