O Plan Único achegou á comarca de Ferrol máis de 30 millóns de euros

Goretti Sanmartín este martes no Club de Prensa de Ferrol
Goretti Sanmartín este martes no Club de Prensa de Ferrol.

Goretti Sanmartín destaca o investimento da Deputación da Coruña a través do plan de maior dotación da súa historia.

O Plan Único achegou á comarca de Ferrol máis de 30 millóns de euros

Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, que participou esta mañá nas nas Conversas no Parador organizadas polo Club de Prensa de Ferrol, dixo que a Deputación da Coruña realizou un investimento de máis de trinta millóns de euros na comarca de Ferrol a través do Plan Único nos exercicios de 2017 e 2018; "o plan de maior dotación da historia da institución", subliñou Sanmartín destacou na súa intervención.

 

A vicepresidenta defendeu ademais as “mudanzas profundas” desenvolvidas neste goberno da Deputación da Coruña, en especial, a aprobación do Plan Único que responde aos principios da autonomía dos concellos, simplificación administrativa, axuda á débeda e tamén a provedores. Arredor do novo modelo de xestión, Sanmartín destacou tamén a redución de subvencións nominativas e o incremento da cantidade que se distribúe a partir das de concorrencia competitiva. 

O Plan Único achegou á comarca de Ferrol máis de 30 millóns de euros