Ánxela Franco presentaou esta mañá na Deputación o plan de acción de Servizos Sociais "Rede de Concellos para o Benestar". A responsábel da área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, que estivo acompañada por Paula Filgueiras, técnica do departamento, e por Manuel Pérez, de Nova Works, a consultora encargada do estudo, dixo que "é imprescindíbel ter o coñecemento do que hai sobre o territorio" e aseguro que malia que a atención dos servicios sociais é unha competencia que a Xunta debera atender, o proxecto porá os datos "tanto das entidades prestadoras de servizos sociais coma no que é o eido público a disposición da Xunta".
Manuel Pérez explica que falarán cos axentes no territorio, máis de 300 persoas.
15 de marzo de 2018 (14:06 h.)