EDUCACIÓN

A Residencia Universitaria Elvira Bao porá a disposición da UDC 118 prazas de aloxamento

Goretti Sanmartín, esta mañá co reitor e co deputado nacionalista Xesús Soto
Goretti Sanmartín, esta mañá, co reitor e co deputado nacionalista Xesús Soto.

A vicepresidenta da  Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, xunto co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación , Xesús Soto, visitaron está mañá a derradeira fase das obras.

A Residencia Universitaria Elvira Bao porá a disposición da UDC 118 prazas de aloxamento

Será a primeira residencia universitaria pública da cidade da Coruña e porá a disposición da comunidade estudantil desde o vindeiro curso académico 118 prazas de aloxamento. A visita institucional en que tamén participarón persoal ténico do servizo de arquitectura da institución e da empresa construtora  serviu para valorar o estado dunhas obras ás que Deputación destinou un orzamento de dous millóns e medio de euros e que, en palabras da vicepresidenta da Deputación da Coruña Goretti Sanmartín “servirá para  dar solución a unha débeda histórica que tiñamos coa Universidade da Coruña”.

 

Con  máis de 2.200 metros de superficie construídos, o proxecto fica intregado por un total de 60 cuartos (58 dobres e dous adaptados para persoas con mobilidade reducida) con que se resolverá en parte unha das grandes necesidades da comunidade universitaria de A Coruña.

 

A nova Residencia Universitaria Elvira Bao, emprazada no mesmo edificio que o IES Calvo Sotelo e a residencia estudantil homónima, representa a segunda fase de execución de obras sobre este complexo de mediados do século XX, pois o a institución provincial xa promoveu as remodelación da Residencia Calvo Sotelo, á que destinou un orzamento de máis de un millón de euros para dotar con 28 cuartos (53 prazas) ao centro de ensino. Estas estancias xa están a ser ocupadas polo alumnado.

A Residencia Universitaria Elvira Bao porá a disposición da UDC 118 prazas de aloxamento