Ánxela Franco na presentación da convocatoria de financiamento dos servizos sociais
Ánxela Franco, responsábel de Benestar Social, Educación e Politicas de Igualdade de Xénero da Deputación, e Carolina Buhigas, xefa de sección da Área de Servizos Sociais, informaron esta mañá da convocatoria de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios dos concellos. "Os concellos de menos de 20.000 habitantes terán ocasión de contratar un auxiliar administrativo para servizos sociais para que os técnicos poidan desenvolver todo o tempo as tarefas propias e mellore a atención" (Ánxela Franco)