PATRIMONIO

Comeza o escaneado dos gravados en Dombate para avanzar no coñecemento do Dolmen

Visita a Dombate de alumnado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
Alumnado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, esta semana en Dombate.

A actuación reconstruirá dixitalmente unhas litografías que até o de agora non foran sometidas a un exhaustivo estudo.

Comeza o escaneado dos gravados en Dombate para avanzar no coñecemento do Dolmen

Un grupo de especialistas da Deputación acompañan os catedráticos en Prehistoria da Universidad de Álcala de Henares, Rodrigo de Balbín e Primitiva Bueno, quen xunto ao profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia, Fernando Carrera, participaron na supervisión dos traballos de escaneado que se están a realizar sobre os gravados inscritos nas lousas do Dolmen de Dombate.

 

Os traballos de escaneado láser das lousas do monumento megalítico, coordinados polo enxeñeiro, Roberto Cabeceira, tamén permitirán valorar cal é o estado de conservación actual dos elementos que o integran. "Trátase dunha nova actuación nun ben patrimonial de especial relevancia para a Deputación da Coruña. Con esta nova iniciativa queremos afondar no coñecemento dun monumento que ten moito que dicir da nosa historia e que é un referente da arte megalítica mundial", explicou o deputado de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña, Xesús Soto.

 

O Dolmen de Dombate forma parte do Patrimonio da Deputación da Coruña dende o ano 1975, sendo un dos monumentos megalíticos máis senlleiros da comunidade galega, e estando declarado Ben de Interese Cultural dende 1985.

Comeza o escaneado dos gravados en Dombate para avanzar no coñecemento do Dolmen