Goretti Sanmartín esixe o inicio do expediente sancionador á familia Franco

A Deputación da Coruña insta á Xunta a ser dilixente ante a venda do Pazo de Meirás.

Goretti Sanmartín esixe o inicio do expediente sancionador á familia Franco

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, instou hoxe á Xunta de Galicia a ser “dilixente” diante do anuncio de venda do Pazo de Meirás aparecido nun portal inmobiliario cántabro. Goretti Sanmartín esixiu “tolerancia cero” coa familia Franco e o inicio inicio do expediente sancionador por incumprir a Lei de Patrimonio cultural de Galiza. Goretti Sanmartín reclamou da Xunta a “máxima dilixencia e axilidade” para impedir a venda do Pazo de Meirás e sinalou que, de non ter comunicado  o anuncio de venda, como onte mesmo confirmou a Consellería de  Cultura, “estamos a falar dunha infracción que require unha acción inmediata por parte da Xunta”. A vicepresidenta da Deputación da Coruña referiuse en concreto ao artigo 49 que recolle que “a transmisión onerosa da propiedade ou de calquera dereito real de desfrute dos bens de interese cultural deberalle ser notificada, de forma que faga fe, á consellaría competente en materia de patrimonio cultural con indicación do prezo e das condicións en que se propoña realizar aquela”. A lei contempla que a Xunta disporá dun prazo de tres meses para exercer o dereito de tanteo para si ou outras institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro, para o que ten preferencia.  No apartado sancionador, a lei recolle como infracción o incumprimento do deber de comunicación.

 

Lembrou tamén que o vindeiro 1 de marzo a Deputación da Coruña fará  públicos o informe histórico e o  xurídico que abre “vías legais para que o pazo pase a ser un ben público”.  A presentación realizarase despois da xuntanza do grupo promotor da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, composto xa por máis de trinta concellos, ademais doutras entidades, que ten como un dos seus principais obxectivos que o inmóbel pase ao inmóbel público.

 

Goretti Sanmartín esixe o inicio do expediente sancionador á familia Franco