IGUALDADE

Das elitistas ás transgresoras: pioneiras do deporte

Cristina López Villar e Ánxela Franco na presentación do libro esta mañá
Cristina López Villar e Ánxela Franco na presentación do libro esta mañá.

A Deputación da Coruña recupera a memoria das mulleres pioneiras no deporte cun traballo de investigación realizado por Cristina López Villar.

Das elitistas ás transgresoras: pioneiras do deporte

Pioneiras do deporte en Galicia, editado pola Deputación da Coruña, rescata do esquecemento as mulleres galegas que foron precursoras nas distintas modalidades deportivas practicadas en Galiza. Tras sete anos de investigación, nos que Cristina López Villar analizou diferentes fontes históricas, xunto cos testemuños dalgunhas das protagonistas, a autora presenta a historias contemporánea do deporte feminino galego co obxectivo de “darlle visibilidade a moitas mulleres anónimas que contribuíron a reivindicar novas prácticas e novos espazos para as mulleres”. Con prólogo da pedagoga deportiva, Benilde Vázquez, e dividida en seis capítulos, a obra percorre a participación feminina no deporte galego dende finais do século XIX, diferenciando entre prácticas deportistas elitistas, democratizadoras e emancipadoras e, finalmente, transgresoras. 

 

O acto de presentación, no que xunto a autora participou a deputada de Igualdade Ánxela Franco, serviu para dar a coñecer as principais características dunha obra que achega e ilustra as experiencias das primeiras mulleres galegas que abriron camiño no eido deportivo galego. “O deporte vai moito máis alá da actividade física e, no  caso das mulleres, tamén é unha conquista social", indicou Ánxela Franco e gabou o traballo realizado por López Villar ao dar “a coñecer e recoñecer o deporte feminino galego”. 

 

A obra  pasa a integrar o conxunto de iniciativas implementadas recentemente pola institución con este obxectivo, como foron o documental Contra os elementos, ou o actual programa de vídeo-forum Conquista os elementos.

Das elitistas ás transgresoras: pioneiras do deporte