Xosé Regueira, responsábel de Turismo da Deputación, asinou xunto ao presidente González Formoso e os representantes dos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño o convenio para o proxecto do Xeoparque de Ortegal. O pleno da Deputación acordara destinar 500.000 euros ao convenio. Regueira explica que intervencións se levarán adiante.
23 de febreiro de 2018 (17:18 h.)