"Temos que contribuír a crear un imaxinario diferente arredor das mulleres e dos homes nesta sociedade a través de proxectos que teñan que ver coa visibilidade das mulleres e coa cultura coma un deses elementos fundamentais para construír ese imaxinario", dixo Sanmartín na presentación esta mañá das gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade. A vicepresidenta e responsábel de Cultura estivo acompañada por Ánxela Franco, deputada nacionalista da Área de Igualdade. Goretti Sanmartín subliñou o peso dos formatos audiovisuais en todos os proxectos presentados e indicou que unha forma moi útil para chegar ás mozas e mozos.
31 de xaneiro de 2018 (14:24 h.)