O pleno do día 23 aprobará por unanimidade unha moción para que Meirás volva ao patrimonio público

Apoio unánime de todos os grupos políticos con representación.

O pleno do día 23 aprobará por unanimidade unha moción para que Meirás volva ao patrimonio público

A Deputación instará ao Estado a exercitar as acción administrativas e xudiciais oportunas para os efectos da recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público; trasladará á Xunta, Parlamento de Galicia, goberno do Estado, Cortes do Estado, grupos parlamentarios e todas as institucións e organismos que corresponder o informe histórico-xurídico e procurará a socialización do seu contido. Estes son os puntos principais da moción que entrará na orde do día do pleno do vindeiro venres 23 de marzo e que contará, segundo se anunciou hoxe en roda de prensa, co apoio de todos os grupos con representación na corporación, é dicir, PSOE e BNG, membros do goberno, ademais do Partido Popular, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. 

 

A unanimidade de todos os grupos mostra a suma de vontades para a recuperación do Pazo de Meirás. Neste sentido, a roda de prensa deste venres, con representantes de todos os grupos –agás Alternativa dos Veciños que xustificou a súa ausencia por motivos de axenda- serviu para escenificar a unidade de que se parabenizaron en todas as intervencións.

 

Goretti Sanmartín na presentación dunha moción conxunta de todos os grupos da corporación provincial que se aprobará no pleno do día 23 e que insta á recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás.“Que todas as forzas políticas naveguen na mesma dirección supón un antes e un despois que responde ao clamor social para recuperar o Pazo de Meirás para o dominio público”, sinalou a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín. E anunciou que a Deputación trasladará a moción ao Parlamento Galego e ás institucións do Estado. Destacou tamén a boa acollida que están a ter os informes nas xuntanzas  que desde a propia Deputación se convocaron con todos os grupos parlamentarios.

O pleno do día 23 aprobará por unanimidade unha moción para que Meirás volva ao patrimonio público