Xosé Regueira presentará en Fitur 2025 a nova campaña de turismo da Deputación, centrada na gastronomía e no territorio
Regueira: «Que Cabo Ortegal sexa Xeoparque Mundial da Unesco suporá un gran pulo turístico para a comarca e abrirá novas e importantes oportunidades de emprendemento»
«Os xeoparques axúdannos a atopar espazos de diferenciación, nos que se valora a calidade, e que atraen ese perfil de turista que buscamos», salientou o vicepresidente da Deputación da Coruña na última xornada de Fitur, onde defendeu a diversidade e sostibilidade dos produtos turísticos da provincia.
Xosé Regueira, en Fitur: «A nosa estratexia pasa pola alianza cos diferentes territorios, para acompañalos nos seus plans»
Xosé Regueira propón en Fitur unha reflexión sobre a necesidade dun turismo sostible
Regueira presentará en Fitur a estratexia de sostibilidade turística da Deputación da Coruña
Regueira defende en Fitur «a posta en marcha de estratexias que equilibren os fluxos turísticos coa necesaria protección de contornas tan sensibles coma a da Fraga do Eume»
O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Fragas do Eume' centrou o segundo acto institucional do departamento provincial de Turismo na feira madrileña, no que, ademais do vicepresidente, tamén participaron representantes municipais dos concellos de Cabanas, Pontedeume e As Pontes. Regueira apostou a súa intervención por buscar «un turista consciente e responsable».
Xosé Regueira presenta en Fitur ‘Os Fogóns do Anllóns’ co obxectivo de posicionalo como destino gastronómico diferenciado
O vicepresidente provincial e titular de Turismo salientou a oportunidade que ofrece este proxecto para situar a comarca de Bergantiños como un destino gastronómico que "destaque a nivel estatal e internacional e para visibilizar un sector altamente competitivo, con capacidade para crear benestar e recursos económicos para o territorio".
Xosé Regueira: "En Fitur defenderemos unha aposta política e unha estratexia turística baseadas no valor do propio e nas potencialidades do noso territorio"
"Levamos moitos anos a traballar de xeito constante priorizando a calidade sobre a cantidade, apostando claramente por iniciativas que inclúan parámetros de sustentabilidade, que poñan en valor a autenticidade do noso territorio e das e dos profesionais que traballan nel e, sobre todo, que posibiliten un retorno económico para a comunidade local", salienta o vicepresidente provincial a próposito da participación da Deputación da Coruña na vindeira edición de Fitur, que se celebrará en Madrid do 18 a 22 de xaneiro.
Xosé Regueira sobre o Xeoparque de Cabo Ortegal: “É unha aposta política que se transformou nun proxecto de país”
Baixo o epígrafe ‘Cabo Ortegal. Unha viaxe ao centro da Terra’, a Deputación promoveu hoxe en Fitur a candidatura de Cabo Ortegal a Xeoparque Mundial da Unesco. O vicepresidente e responsable de Turismo, Xosé Regueira, puxo en valor o compromiso e o apoio de diferentes administracións a unha iniciativa que comezou a impulsar desde o seu departamento no ano 2016.
Xosé Regueira defende en Fitur a calidade do produto galego e promociona a cociña como un recurso turístico de máximo nivel
“Neste momento, temos a sorte de contar cun elenco de cociñeiros e cociñeiras que están facendo unha cociña con carácter, que bebe da tradición pero que a transforma nunha oferta de alta cociña”, asegurou o vicepresidente, que estivo acompañado pola súa compañeira no BNG e deputada provincial de Igualdade, María Muíño. “No ranking das estrelas Michelín", engadiu, "cada vez hai máis referencias galegas e máis referencias da provincia da Coruña, polo que podemos considerar a gastronomía do noso territorio como un produto turístico de enorme calidade”.