Xurxo Couto: "Traballamos coa idea de simbolizar a luz que a cultura, a través de todas as manifestacións artísticas, vén aportando á sociedade desde sempre e máis desde a pandemia"
"A gala deste sábado", lembrou Couto, "recoñecerá a todos os gañadores e gañadoras dos certames que convocamos en 2020 e 2021, anos que quedarán para sempre marcados na historia como os anos escuros da crise da Covid, mais tamén como ese tempo en que se sobrevivimos anímica e psicoloxicamente grazas á literatura, á música, á arte ou ao cinema". A gala, ademais de subir ao escenario ás 31 persoas e entidades premiadas, tamén está concibida como a posta en valor da aposta da institución provincial por apoiar a creación, o talento e unha visión da cultura con capacidade transformadora.