Os premios á creación cultural distribúen 130.000 euros en once categorías
A área de Cultura da Deputación da Coruña entregou na tarde deste mércores no Pazo de Mariñán os seus premios culturais nun acto que presidiu a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.
"Estes premios insírense na defensa que facemos desde a Deputación da Coruña de que a cultura é un dereito, non un ornamento, non un accesorio para un día, para unha festa. Precisamos a cultura todos os días, alimentámonos dela, como identidade, como memoria, como patrimonio, como innovación, como transformación social, como análise crítica da realidade, como descuberta creadora, como xeito de estar no mundo e nos proxectar tamén no exterior", defendeu Goretti Sanmartín na súa intervención.
Relación de galardonadas en cada premio:
XXX Torrente Ballester galego
Premiado: Xabier López López
Obra: "900"
XXX Torrente Ballester castelán
Premiada: Dolores Torrano Vicente
Obra: "La Argentina que Dios quiere"
XXI Premio Raíña Lupa
Gañadora: An Alfaya
Obra: "O Grupo"
Finalista: Xosé García Rodríguez
Obra: "Revolución Detrito"
Certame musical X Fran Pérez Narf
Premiados/as:
Primeira clasificada: Su Garrido Pombo
Segundo clasificado: Néboa
XIII Jesús Núñez de artes gráficas
Premiados/as: Wieslaw Haladaj
Obra: Appearance-22
XIX Premio González Garcés
Premiadas:
Eli Ríos
Obra: Ningunha tortilla é mala
Finalista Silvia Penas Estévez
Obra: Subministro
XIII Premio Castelao de banda deseñada
Premiado: Oliver Añón Lema
Obra: Canción para afundir flores no mar