An Afaya gaña o Premio Raína Lupa

Rainha Lupa
O xurado do premio.

A obra Revolución detrito de Xosé García Rodríguez é a finalista do certame de literatura infantil e xuvenil.

An Afaya gaña o Premio Raína Lupa

A escritora An Alfaya coa novela O grupo é a gañadora do XII Premio Raiña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. O escritor e xornalista Xosé García Rodríguez é o finalista do certame coa obra Revolución detrito.

 

Un xurado composto polas escritoras Marilar Aleixandre, Andrea Maceiras, Eva Mexuto e Ánxela Gracián, coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, como presidenta e a xefa de servizo da área de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat como secretaria elixiu, por unanimidade, a novela O grupo, presentada co lema "Vulnerables", como gañadora do XII Premio Raína Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. Aberta a plica a autora resultou ser a escritora An Alfaya que ten como premio 6.500 euros e a publicación da obra.

 

Pola alta calidade das obras presentadas, o xurado decidiu nomear como finalista a obra Revolución detrito do escritor e xornalista Xosé García Rodríguez.

An Afaya gaña o Premio Raína Lupa