goretti-sanmartin
Vídeo
Goretti Sanmartín no pleno do 23 de marzo sobre Meirás

Goretti Sanmartín no pleno do 23 de marzo sobre Meirás

O acordo de todos os grupos da cámara para a reclamación sobre Meirás tivo o refrendo no pleno cunha votación unánime. Goretti Sanmartín volveu recordar os termos da moción que insta ao Estado a iniciar accións para recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público, e parabenizou a todas as forzas políticas polo acordo que ela mesma impulsou desde a vicepresidencia da Deputación. A nacionalista tamén lembrou os antecedentes do acordo, e referíuse ao pleno de setembro no que se deu luz verde a constitución desa Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás que, finalmente, encargou os informes histórico e xurídico que permitiron chegar ao consenso entre todos os grupos respecto dunha solución posíbel para Meirás.

Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín na presentación da moción conxunta sobre Meirás

Goretti Sanmartín na presentación da moción conxunta sobre Meirás

Todos os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña súmanse á moción para recuperar o Pazo de Meirás que se aprobará no pleno do día 23. "Desde o punto de vista político e desde o punto de vista social, a unamidade é importante", explicou esta mañá Goretti Sanmartín na presentación dunha moción conxunta de todos os grupos da corporación provincial que se aprobará no pleno do venres que vén e na que se insta á recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás. A vicepresidenta parabenízase pola unanimidade na corporación provincial e espera que se repita no Parlamento Galego cando o asunto chegue alí proximamente.
Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín esixe o inicio do expediente sancionador á familia Franco

Goretti Sanmartín esixe o inicio do expediente sancionador á familia Franco

A vicepresidenta da Deputación da Coruña respondeu hoxe ao anuncio da venda do Pazo de Meirás nun portal inmobiliario cántabro por 8.000.000 millóns de euros instando á Xunta de Galicia a que “faga cumprir a Lei de Patrimonio cultural de Galiza e inicie de maneira inmediata o expediente sancionador contra a familia Franco por poñer á venda un BIC sen cumprir a obriga de comunicación ao organismo que os tutela que é a Consellaría de Cultura”. De non o facer, Goretti Sanmartín entende que “estaría a haber conivencia coa descendencia do ditador e é tempo xa de rematar coa impunidade da que gozaron durante tanto tempo”.

Ler novas
Vídeo
Nova xestión para o Teatro Colón da Coruña

Nova xestión para o Teatro Colón da Coruña

O convenio farase efectivo a partir do vindeiro 2 de xullo e suporá a achega de 500.000 euros por parte da Deputación da Coruña coa reserva de trinta días para “concellos e entidades que o soliciten co fin de servizo ao tecido social que viña facendo alí actividades culturais”, explicou a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, esta mañá na presentación do cambio na xestión do Teatro Colón que pasará o vindeiro 2 de xullo a ser municipal, integrándose no Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).
Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín presenta ás gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta

Goretti Sanmartín presenta ás gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta

"Temos que contribuír a crear un imaxinario diferente arredor das mulleres e dos homes nesta sociedade a través de proxectos que teñan que ver coa visibilidade das mulleres e coa cultura coma un deses elementos fundamentais para construír ese imaxinario", dixo Sanmartín na presentación esta mañá das gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade. A vicepresidenta e responsábel de Cultura estivo acompañada por Ánxela Franco, deputada nacionalista da Área de Igualdade. Goretti Sanmartín subliñou o peso dos formatos audiovisuais en todos os proxectos presentados e indicou que unha forma moi útil para chegar ás mozas e mozos.
Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín, no debate dos orzamentos

Goretti Sanmartín, no debate dos orzamentos

Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, lembra no debate dos orzamentos para o 2018 que a política do goberno da institución é que “a distribución dos cartos públicos se faga con criterios obxectivos e transparentes” e indica que nos últimos orzamentos xestionados polo PP, as subvencións nominativas foran ao 27,7% do total, mentres que nas contas deste ano, o goberno actual reduciu as subvencións nominativas até o 6,4%.
Ler novas