Os premios á creación cultural distribúen 130.000 euros en once categorías

Goretti Sanmartín coas premiadas hoxe en Mariñán.
Goretti Sanmartín coas premiadas hoxe en Mariñán.

A área de Cultura da Deputación da Coruña entregou na tarde deste mércores no Pazo de Mariñán os seus premios culturais nun acto que presidiu a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

Os premios á creación cultural distribúen 130.000 euros en once categorías

"Estes premios insírense na defensa que facemos desde a Deputación da Coruña de que a cultura é un dereito, non un ornamento, non un accesorio para un día, para unha festa. Precisamos a cultura todos os días, alimentámonos dela, como identidade, como memoria, como patrimonio, como innovación, como transformación social, como análise crítica da realidade, como descuberta creadora, como xeito de estar no mundo e nos proxectar tamén no exterior", defendeu Goretti Sanmartín na súa intervención.

 

Relación de galardonadas en cada premio:

 

XXX Torrente Ballester galego
Premiado: Xabier López López
Obra:  "900"

 

XXX Torrente Ballester castelán
Premiada: Dolores Torrano Vicente 
Obra: "La Argentina que Dios quiere"

 

XXI Premio Raíña Lupa
Gañadora: An Alfaya 
Obra: "O Grupo"
Finalista:  Xosé García Rodríguez
Obra: "Revolución Detrito"

 

Certame musical X Fran Pérez Narf
Premiados/as:
Primeira clasificada: Su Garrido Pombo
Segundo clasificado: Néboa

 

XIII Jesús Núñez de artes gráficas
Premiados/as: Wieslaw  Haladaj
Obra: Appearance-22

 

XIX  Premio González Garcés
Premiadas: 
Eli Ríos
Obra: Ningunha tortilla é mala
Finalista Silvia Penas Estévez
Obra:  Subministro

 

XIII Premio Castelao de banda deseñada
Premiado:   Oliver Añón  Lema
Obra:  Canción para afundir flores no mar

 

II Premio Begoña Caamaño de proxectos culturais pola igualdade.
Premiadas:   (ex aequo)   Elas tamén pintan / Implicadas no desenvolvemento

 

XII Certame Antonio Fraguas
Premiadas: 
Contemporánea: Rosa Fernández Iglesias/ Mª Carmen Villalba Caramés     
Obra:  E miremo-las ondas/ Once cantigas do mar de Vigo
Tradicional: Carla Canedo Martinez
Obra: Un sapo unha muller

 

III QUERO CANTAR de música infantil e xuvenil.
Premiados:
Pequenos Besbellos   "Faite respectar"
Cortegadaos  "Eu quero ser unha árbore"

 

Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística.
Premiados:
Pirilampo e Galipedia