Xuntanza de Mercedes Queixas, deputada do BNG no Parlamento Galego, con Xurxo Couto
No día de hoxe, o deputado da área de Cultura na Deputación, Xurxo Couto, mantivo unha xuntanza para poñer en cuestión distintos temas e política culturas e coñecer de primeira man o traballo que se está facendo desde a Deputación na área de cultura.
O deputado da área, o tamén nacionalista puido enumerarlle o número de liñas de subvencións coas que conta a área de Cultura para entidades e concellos da provincia. Así como darlle conta da cantidade de premios, de grande relevancia que se outorgan desde a propia área da deputación.
Do mesmo xeito puideron analizar as dificultades que este pasado ano 2020 sufriu o sector cultural do país, e as previsións de cara o novo ano.