SON A CREACIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN EN VILLESTRO E A COMPRA DE PARCELAS EN MONTE PIQUIÑO

Xosé Lois Penas e Xosé Regueira acordan cos cinco concellos de Compostela Rupestre as primeiras iniciativas ás que destinar o crédito asignado ao parque arqueolóxico

Penas, cos representantes dos concellos integrados en Compostela Rupestre
Penas, cos representantes dos concellos integrados en Compostela Rupestre

Penas asegura que o encontro cos representantes dos cinco concellos integrados no Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre -Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra- "foi realmente produtivo e supón un paso adiante para comezar a facer realidade este proxecto". "A partires de agora", explicou o deputado de Patrimonio, "pasamos da fase administrativa á fase executiva, propiciada pola sintonía e a colaboración entre Deputación e os concellos, que foron capaces establecer unha liña de traballo de cara aos vindeiros meses e que suporá un impulso definitivo".

Xosé Lois Penas e Xosé Regueira acordan cos cinco concellos de Compostela Rupestre as primeiras iniciativas ás que destinar o crédito asignado ao parque arqueolóxico

O vicepresidente da Deputación e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, e o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, mantiveron unha xuntanza de traballo con representantes dos cinco concellos con terreos integrados no Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre -Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra- para decidir a que iniciativas concretas se destinan os fondos dispoñibles para este proxecto.

Na xuntanza, que tivo lugar na Casa Consistorial de Teo, decidiuse destinar 150.000 euros á creación do CIRVI (Centro de Interpretación Rupestre de Villestro), empregando a antiga escola unitaria do lugar de Villestro, en Santiago de Compostela, escollido pola súa situación central e ben comunicada entre os cinco concellos de compoñen o parque. Esta é unha das propostas recollidas no Plan Director, que ademais indica que deste edificio se sitúa na contorna inmediata dun petróglifo accesible para as visitas e propón a recreación dun poboado da Idade do Bronce.

Na xuntanza tamén se acordou destinar 50.000 euros para a compra de parcelas nas que se sitúan petróglifos en Monte Piquiño, no Concello de Teo, e 125.000 euros para o mantemento, limpeza e sinalización de entidades patrimoniais -a contorna dos petrógligos- e para a actualización da páxina web do proxecto, implementando un sistema de xeolocalización dos elementos patrimoniais.

Ao remate desta reunión de traballo, o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas asegurou que "este encontro foi realmente produtivo e supón un paso adiante para comezar a facer realidade este proxecto". "A partires de agora pasamos da fase administrativa á fase executiva, propiciada pola sintonía e a colaboración entre Deputación e os concellos implicados que foron capaces establecer unha liña de traballo de cara aos vindeiros meses e que suporá un impulso definitivo ao proxecto Compostela Rupestre", engadiu.

O encontro de hoxe chega apenas unhas semanas despois de que se presentase na Deputación da Coruña o Plan Director do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, redactado pola empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L., que reúne un catálogo de 144 entidades patrimoniais, define 67 contornas de protección e describe de modo exhaustivo o total de petróglifos do Parque de Compostela Rupestre combinando o traballo de documentación e investigación, co emprego da tecnoloxía SIX (Sistema de Información Xeográfica). Ademais, o Plan traza a folla de ruta das accións a realizar no curto, mediano e longo prazo no Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, dotando ademais ao parque dun modelo de xestión sinxelo e eficaz.

Xosé Lois Penas e Xosé Regueira acordan cos cinco concellos de Compostela Rupestre as primeiras iniciativas ás que destinar o crédito asignado ao parque arqueolóxico