O DEPUTADO INAUGUROU HOXE NA CORUÑA A EXPOSICIÓN "SINALADAS", QUE SE PODERÁ VER ATA O 27 DE MARZO

Xurxo Couto defende o traballo a prol da recuperación da Memoria Histórica feito por Cultura da Deputación neste mandanto

Couto, durante a súa intervención na inauguración da mostra
Couto, durante a súa intervención na inauguración da mostra
Na súa intervención, esta mañá no Cantón Grande coruñés, o responsable provincial de Cultura lembrou todo o traballo realizado desde o departamento que dirixe en todo o proceso de recuperación do Pazo de Meirás para a cidadanía ou o proxecto 'Xeración perdida', de homenaxe aos cargos electos de todos os concellos de provincia que sufriron a represión franquista.
Xurxo Couto defende o traballo a prol da recuperación da Memoria Histórica feito por Cultura da Deputación neste mandanto

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, presentou esta mañá no Cantón Grande da Coruña a exposición "Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión", unha iniciativa do departamento que dirixe e que se poderá visitar, á altura do Obelisco, ata o vindeiro 27 de marzo. Couto estivo acompañado pola presidenta da AC Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo; polo historiador Carlos Babío, e pola comisaria da mostra, Montse Fajardo.

«Esta mostra», explicou Couto, «continúa un camiño a prol da recuperación da Memoria Histórica que se iniciou xa no pasado mandato e que supuxo un fito desde o punto de vista institucional». O deputado lembrou todo o traballo realizado desde Cultura da Deputación en todo o proceso de recuperación do Pazo de Meirás para a cidadanía, así como o proxecto 'Xeración perdida', de homenaxe aos cargos electos de todos os concellos coruñeses que sufriron a represión franquista.

«Son», dixo, «dous exemplos de traballo institucional que amosan o camiño que nos trae hoxe ata aquí e que completa "Sinaladas", a nosa aposta neste mandato por lle poñer rostro e nome e apelidos a mulleres relevantes en distintos ámbitos, non só como unha forma de renderlle honra ao seu labor, senón tamén como un xeito de reivindicalas e superar a ocultación e o silenciamento ao que foron sometidas en moitos casos».

"Sinaladas" foi concibida, segundo explicou Cotuo, «co obxectivo de divulgar a figura de mulleres e dos movementos nos que participaron para ofrecer unha visión global da súa memoria». Así, os 39 paneles da exposición dan conta das revoltas agrarias, da represión franquista e do exilio ou da loita pola democracia. Tamén se poñen en valor figuras tan importantes como a de María Casares, pero tamén outras menos coñecidas: as das mestras asasinadas e represaliadas durante a última ditadura española, as das protagonistas anónimas do motín do arsenal de Ferrol ou as das afoutas cigarreiras coruñesas.

Xurxo Couto defende o traballo a prol da recuperación da Memoria Histórica feito por Cultura da Deputación neste mandanto