O POS+ duplica o investimento da Deputación nos concellos

Xosé Regueira, nun pleno da Deputación.
Xosé Regueira, nun pleno da Deputación.

O Plan Único da Deputación alcanza os 91,5 millóns de euros de orzamento en 2019.

O POS+ duplica o investimento da Deputación nos concellos

O pleno da Deputación aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, un expediente de modificación de créditos que incorpora 30 millóns adicionais aos 61,5 millóns de euros de orzamento inicial do POS+ deste ano, chegando así aos 91,5 millóns no presente ano.

 

“A incorporación destes trinta millóns demostra que é o Plan Único é un instrumento moi válido, dinámico, que transfire aos concellos unha cantidade inxente de recursos,polo que estamos ante unha excelente noticia para os concellos da provincia”, apuntou o deputado responsable da área de Plans, o nacionalista Xosé Regueira.

 

O goberno provincial cumpre así o seu compromiso de destinar os remanentes a ampliar o orzamento do Plan Único, facendo que os concellos coruñeses reciban da Deputación o maior investimento por concello das catro provincias galegas e practicamente o dobre de fondos que no mandato anterior.