Xurxo Couto salienta o pulo económico da Rede Cultural, que este ano acada un orzamento de case dous millóns de euros
«Seguimos ofrecendo un espazo de programación artística que ten como obxectivo principal garantir unha oferta diversificada e de calidade en toda a provincia. Oriéntase, polo tanto, a favorecer a capacidade dos municipios coruñeses para desenvolveren propostas culturais para os seus veciños e veciñas», sinala o deputado. O prazo para que os concellos presenten ás solicitudes de actuacións estará aberto do 17 ao 31 de marzo.
Xurxo Couto: "Os 1.408 espectáculos do programa de 2022 consolidan a Rede Cultural como un circuíto sólido, estable e comprometido coa cultura ao vivo no territorio”.
“A distribución das achegas busca promover que toda a cidadanía do territorio teña acceso a unha programación cultural de calidade, independentemente de se vive nun concello con menos ou máis poboación ou con menos ou máis recursos económicos”. Propostas escénicas, audiovisuais, música, danza, ou maxia conforman a oferta que a Rede Cultural da Deputación da Coruña programará nos concellos en 2022.
A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece un catálogo de case dous mil espectáculos
Aumenta o número de actividades na oferta do sector profesional do circuíto
Os concellos teñen até o día 20 de abril para realizar a solicitude de programación
A Rede Cultural da Deputación da Coruña mantivo o seu nivel de contratación a pesar da Covid
Das 1.307 actuacións concedidas no ano da pandemia a concellos tan só se cancelaron 51 e os concellos incluíron máis actuacións do circuíto da Deputación nos seus programas que o ano anterior