Turismo da Deputación da Coruña destina case un millón de euros á mellora da calidade do sector. Xosé Regueira confía nos recursos do destino turístico para remontar a crise provocada pola pandemia

Xosé Regueira BNG
Xosé Regueira BNG
Entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios poderán acceder a axudas de até 220.000 euros
Turismo da Deputación da Coruña destina case un millón de euros á mellora da calidade do sector. Xosé Regueira confía nos recursos do destino turístico para remontar a crise provocada pola pandemia

A área de Turismo da Deputación da Coruña convoca un programa de axudas dirixidos a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos dotado cun orzamento de 900.000 euros. As subvencións poderán ser de até 220.000 € e o obxectivo é contribuír á mellora da calidade e a competitividade co fin de recuperar o sector afectado pola pandemia.

O número de prazas de aloxamento en establecementos turísticos, a poboación residente no territorio ou a propia valoración dos proxectos son algúns dos criterios de valoración da convocatoria de subvencións que publica a área de Turismo da Deputación da Coruña á que poderán concorrer até o vindeiro 5 de febreiro entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios do sector. O obxecto da convocatoria é o financiamento de actividades en materia de calidade, competitividade, organización de eventos e iniciativas turísticas.

"Desde a área de Turismo da Deputación da Coruña traballamos man a man cos entes de xestión para a promoción dos distintos xeodestinos con liñas de actuación conxuntas que aproveiten os recursos para a promoción dos distintos destinos da provincia", sinala Xosé Regueira para quen a colaboración co sector é fundamental para traballar conxuntamente co fin de saír da crise.

Na anterior convocatoria catorce entes de xestión foron os beneficiarios do programa de subvencións que, en boa parte dos casos, se dirixiron a desenvolver actividades e iniciativas encamiñadas a facer fronte á crise provocada polo coronavirus. Representantes dos entes de xestión participaron xa desde o propio confinamento, na posta en común da análise da situación e dos camiños a seguir nos Foros Covid19 organizados pola área de Turismo da Deputación da Coruña e destacaron a importancia de sumar forzas nun momento tan complexo como o que está a vivir o sector.

"Unha das conclusións á que chegamos naquel momento e que aínda está en vigor é o importantísimo labor que teñen que desenvolver os entes de xestión para superar a crise provocada pola pandemia, en especial, como vínculos entre o sector privado e público e por iso desde a Deputación da Coruña queremos contribuír a que esa conexión e traballo conxunto sexa produtivo", destaca Xosé Regueira quen fai especial fincapé no interese da nova edición da convocatoria dirixida á mellora da calidade do sector.

Desta maneira, no último ano os entes traballaron, co financiamento da Deputación da Coruña, na calidade e seguridade turística no territorio ademais da evolución dixital ou o desenvolvemento de proxectos que analicen e planifiquen con precisión a aposta polos xeodestinos do territorio.
 

Turismo da Deputación da Coruña destina case un millón de euros á mellora da calidade do sector. Xosé Regueira confía nos recursos do destino turístico para remontar a crise provocada pola pandemia