O deputado nacionalista Xosé Luís Penas, presenta en Cabana o proxecto de mellora do centro arqueolóxico

O dolmen de Dombate incorporará realidade virtual e proxeccións 3D


 

O deputado nacionalista Xosé Luís Penas, presenta en Cabana o proxecto de mellora do centro arqueolóxico

O deputado do BNG, Xosé Luís Penas, reuniuse co alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíños, para trasladarlle a posta en marcha do proxecto de mellora do Centro Arqueolóxico de Dombate cun orzamento de 125.000 €, Ademais doutras actuacións, o programa inclúe incorporar realidade virtual e proxeccións en 3D.

O responsable da área de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas, mantivo unha xuntanza co alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíños, ademais de coa coordinadora de actividades culturais do Concello, Silvia Losada para informar da posta en marcha do proxecto de mellora e actualización dos espazos expositivos museísticos no Centro Arqueolóxico de Dombate.

O proxecto, que se licitará proximamente por procedemento aberto, está valorado en 125.000 e suporá unha importante actualización e mellora para as visitas ao Dolmen de Dombate.

As actuacións afectaran aos elementos de información histórica, sinalèptica, sala de usos, audiovisuais e incorporarase novas tecnoloxías como realidade virtual ou proxeccións en 3D.

"Con esta reforma pretendemos dende as areas de Turismo e de Patrimonio actualizar un recurso histórico e artístico que forma parte da nosa historia milenaria pero facilitando o acceso a información e ao patrimonio dunha forma moito máis actualizada e acorde coa nova realidade", destacou o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas.

O deputado defendeu, na súa visita ao monumento que forma parte do partrimonio da Deputación da Coruña que, "o Dolmen de Dombate como eixo do noso patrimonio e como faro de todo o megalitismo do País precisa contar cun museo a altura do propio monumento , é unha reforma e actualización que xa tocaba e que pretende en definitiva achegar o monumento a moita máis xente aínda".

Na reunión, o representante da Deputación a Coruña anunciou tamén que se vai traballar conxuntamente co Concello de Cabana para potenciar a programación científica, histórica e cultural no dolmen.

O deputado nacionalista Xosé Luís Penas, presenta en Cabana o proxecto de mellora do centro arqueolóxico