A CITA COMPLETARÁ O CICLO ‘PIONEIRXS DA MÚSICA GALEGA’, DE CULTURA DA DEPUTACIÓN

Xurxo Couto acompañou a Xoán Piñón e a Miro Casabella na visita que realizaron ao Teatro Colón para preparar o concerto que ofrecerá DOA en abril

Miro Casabella, Xurxo Couto e Xoán Piñon, na visita hoxe ao Teatro Colón
Miro Casabella, Xurxo Couto e Xoán Piñon, na visita hoxe ao Teatro Colón
“O ciclo 'Pioneirxs da música galega’ naceu co obxectivo de dar a coñecer a públicos actuais os traballos discográficos dun momento clave para a cultura galega”, lembrou o responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto. "Son iniciativas", engadiu, “que serven para homenaxear e poñer en valor o traballo de toda aquela xeración artística de finais da década de 1970”
Xurxo Couto acompañou a Xoán Piñón e a Miro Casabella na visita que realizaron ao Teatro Colón para preparar o concerto que ofrecerá DOA en abril

‘O son da estrela escura’, o primeiro disco editado pola primeira discográfica galega, volverá soar en directo máis de corenta anos despois. Será o 9 de abril no Teatro Colón, no marco do ciclo ‘Pioneirxs da música galega’, unha iniciativa recentemente posta en marcha pola área de Cultura da Deputación da Coruña coa finalidade de recuperar a través de concertos en directo álbums que marcaron a historia recente da música galega e en galego.

Este será o terceiro concerto do ciclo —despois dos de Pilocha, o 12 de febreiro, e Miro Casabella, o 5 de abril— e subirá ao escenario do Teatro Colón ao grupo DOA, que revivirá ‘O son da estrela escura’, editado en 1979 pola discográfica Ruada. “O ciclo 'Pioneirxs da música galega’ naceu co obxectivo de dar a coñecer a públicos actuais os traballos discográficos dun momento clave para a cultura galega”, lembrou o responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto. "Son iniciativas", engadiu, “que serven para homenaxear e poñer en valor o traballo de toda aquela xeración artística de finais da década de 1970”.

Couto acompañou esta mañá a dous dos membros fundadores de DOA, Xoán Piñón e Miro Casabella, na visita que realizaron ao Teatro Colón para preparar a cita de abril. Tanto Piñón como Casabella aproveitaron para comentar o nacemento daquel primeiro traballo da formación e aseguraron que “naquel momento non eramos moi conscientes da importancia do que estabamos a facer e moito menos do que este disco ía representar co tempo”. Lembraron, ademais, que a boa acollida de ‘O son da estrela escura’ por parte do público “fora todo un fito para a casa de discos naquel momento” e que mesmo chegaran a tocar en lugares como Nova York e Montreal. 

O concerto de DOA no Teatro Colón estará dedicado a Xaquín Blanco, membro fundador do grupo xa falecido, e xuntará sobre o escenario a Miro Casabella, Xoán Piñón e Bernardo Martínez, que contarán con Eduardo Coma como músico convidado. As entradas serán de balde previa retirada a través da web do Teatro Colón.

DOA (1978-2022) é considerado como un dos referentes dos grupos en activo anteriores á década de 1980. O seu estilo musical, está baseado en xuntar tendencias musicais diversas coa música popular e medieval de Galiza con arranxos e composicións libres e heterodoxos. Na elaboración do disco ‘O son da estrela escura’ partiron de partituras existentes en distintos cancioneiros. 

Xurxo Couto acompañou a Xoán Piñón e a Miro Casabella na visita que realizaron ao Teatro Colón para preparar o concerto que ofrecerá DOA en abril