A Xunta Pro Devolución urxe a Madrid a que active a demanda sobre Meirás

Reunión esta maña na Deputación da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás (1)
Reunión esta maña na Deputación da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás.

Despois da xuntanza de hoxe, a Xunta pro Devolución lémbralle ao goberno central a necesidade de "que a recuperación do Pazo forme parte da axenda política máis urxente e tome a mesma celeridade que se está a promover noutros asuntos de importancia no ámbito da recuperación da memoria histórica como é o Valle de los Caídos".

A Xunta Pro Devolución urxe a Madrid a que active a demanda sobre Meirás

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás solicitará formalmente que o Goberno central active o proceso de recuperación do Pazo de Meirás para ben público. Este foi un dos acordos que a Xunta pro Devolución tomou na xuntanza que se desenvolveu este mércores na Deputación da Coruña. Na reunión aprobouse por unanimidade ratificar a liña aberta polo informe xurídico e solicitar ao goberno presidido por Pedro Sánchez unha posición activa para iniciar o proceso xudicial que devolva o Pazo de Meirás ao patrimonio público.

 

Na xuntanza, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, deu conta dos pasos dados desde que se presentaron os informes histórico e xurídico dirixidos por Emilio Grandío, profesor da Facultade de Historia da USC, e por Xabier Ferreira, profesor da Facultade de Dereito da USC, e das respostas obtidas nas distintas xestións.

 

Na reunión aprobouse tamén a organización de distintos actos de difusión da situación actual en que se encontra o Pazo de Meirás e da visibilización do espolio que a familia Franco cometeu coa propiedade inmobiliaria.

 

E aprobouse que, antes do remate do ano, a Deputación da Coruña, en colaboración coa Xunta pro Devolución do Pazo, impulsará e organizará un grande acto no Teatro Colón encamiñado a sumar un amplo apoio social a esta reivindicación central na recuperación da memoria histórica.

A Xunta Pro Devolución urxe a Madrid a que active a demanda sobre Meirás