Este venres, 1 de xuño, xornada sobre a Endiometriose na Fundación Paideia
A xornada, na sede da Fundación Paideia na Praza de María Pita, comezará ás 18:30 horas cunha conferencia de Beatriz Alvar.
A deputada Ánxela Franco, responsábel da área de Igualdade da Deputación da Coruña, participará mañá venres, día 1 de xuño, nunha xornada informativa sobre a Endometriose na Fundación Paideia, na Coruña, xunto a Beatriz Alvar, xinecóloga do CHUAC, Marta Gallo, activista e cradora da campaña Viva Valente Vitoriosa, e María González Rumbo, da sociación de mulleres con Endiometriose querENDO.
O acto, que ten por obxecto dar coñecer as principais características dunha enfermidade que padecen 60.000 mulleres, apuntar cales son os seus primeiros síntomas e aclarar as dúbidas existentes ao redor da doenza, esta coordinado por Cristina Bajo e Cristina Cotelo, e contará no peche coa actuación de Mina Clown.